domingo, 3 de junio de 2012

Noticias da Confederación Galega de Asociacións Veciñais "COGAVE"

Dirixido aos medios de comunicación:
COGAVE (Confederación Galega de Asociacións Veciñais, que engloba a Federacións Veciñais das catro provincias e representa a máis de 400 Asociacións Veciñais de toda Galicia), quere facer públicas as diversas reunións mantidas recentemente entre representantes da mencionada Confederación e importantes personalidades políticas.
O día 24 de Febreiro de 2012 en San Caetano celebrouse reunión con D. Alfonso Rueda Valenzuela, Conselleiro de Presidencia. Na mesma adquiríronse varios compromisos:
1º.- A Consellería contribuirá a financiar o Congreso bianual que a Confederación celebrará a principios de xuño. Nel realizaranse varias ponencias, nas cales se renovará o compromiso da organización co conxunto da veciñanza galega.
2º.- A Administración realizará por medio da EGAP 7 cursos de formación para directivos de Federacións e Asociacións, distribuídos ao longo da xeografía galega. Cada curso constará de 3 horas para nocións básicas de protocolo, 5 de contabilidade básica, 4 de arquivo e trámite de documentación, 4 de lexislación básica, 4 de pagos a Facenda e declaracións tributarias e 6 de nocións básicas de informática.
3º.- Igualmente existe o compromiso por parte da Consellería de aprobar a Lei de espectáculos neste ano 2012, na cal a Xunta recollerá as aportacións tanto da industria hostaleira coma do movemento veciñal.
Por outra banda o día 29 de Febreiro deste mesmo ano tivo lugar na sede da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) un encontro co Presidente da mesma para tratar fundamentalmente temas relacionados coa participación cidadá. En dita xuntanza a Confederación propuxo a creación dunha Comisión mixta para traballar de forma bilateral en aspectos tan importantes para a cidadanía como son:
- A Lei de grandes cidades
- A distribución das cidades en distritos
- A participación dos veciños na organización e xestión dos concellos
- Avanzar nos orzamentos participativos
- Dotar de contido aos Consellos sectoriais
A COGAVE quere resaltar así mesmo que as mencionadas reunións leváronse á cabo dentro do máis estrito respecto e absoluta cordialidade.
Do mesmo xeito a Organización quere comunicar que en vindeiras datas estas entrevistas terán continuidade xa que proximamente se celebrará reunión co Sr. Delegado do Goberno en Galicia, onde se abordarán temas tan importantes como son a seguridade no rural, nos barrios e nas cidades ou a colaboración coas forzas de seguridade do estado. Ademais pretendemos concertar xuntanza coa Sra. Conselleira de Sanidade para debater sobre os recortes que se están a producir, sobre as comisións de participación sanitaria,…

No hay comentarios:

Publicar un comentario