lunes, 2 de mayo de 2011

COMUNICADO SOBRE A SITUACION SANITARIA EN LUGO, DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DE LUGO.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo, despois de transcurrir medio ano desde a posta en funcionamento do novo Hospital quere facer un balance de estes meses e comunicalo os cidadans lucenses.

En primeiro lugar pensamos que non nos equivocabamos cando nos opuxemos o traslado do Centro de Especialidades, a realidade demostra que para os cidadans as consultas de especialidades son menos accesibles, tanto para os habitantes da cidade como para os dos pobos que acuden en autobus hasta a estación de autobuses.

Por outro lado os que dispoñen de coche propio e se desprazan nel, atopanse co problema do aparcamento, e a chegada hasta as consultas que é dificultosa, sobre todo para a xente maior, que por outra banda é a mais numerosa na nosa poboación.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública quere recordar os lucenses que os directivos do SERGAS declararon no momento do traslado (quizá co fin de aplacar os animos dos comerciantes do centro de Lugo ), que seguirian acudindo a Praza do Ferrol o mismo número de persoas que iban antes (unhos 900), pois a día de hoxe está trasladado o Centro da Praza do Ferrol o COF (centro de orientación familiar) que cita unhas 25 mulleres diarias, o SINTRON (que supón unhos 15 pacientes), e se está a espera do traslado do Centro de Diagnostico Precoz de Cancro de Mama (mamografias) dependente da Xunta e que supon unhas 50 mulleres diarias. Pois ben, sumando saen unhas 90 persoas que acudiran en vez de as 900 diarias de antes (a diferencia é considerabel), e por último e o mais grave, a promesa de rebaixar as listas de espera gracias a inversión en tecnoloxia do novo Hospital, choca coa terrible realidade, as listas de espera no momento actual son:
1ª consulta .... Abril 2012

Ciruxia Vascular

Revisión .... Outubro 2012

Ecocardiogramas ......................... Xaneiro 2012
Colonoscopias ............................. Xullo 2012

1ª consulta .... Febrero 2012

Xinecoloxia

Revisión .... Febrero 2012

Ecos Xinecoloxia .......................... Febrero 2012

Xeriatria ..................................... Noviembre 2011

Neuroloxia ................................. Outubro 2011

Electrocardiogramas .................... Novembro 2011

1ª consulta .... Novembro 2011

Oftalmoloxia cupo

Revision .... Outubro de 2011

Campimetrias ............................. Novembro 2011

Neumoloxia ................................ Agosto 2011

Traumatoloxia ............................ Novembro 2011

Uroloxia Xerarquizados ................ Deembro 2011

Ecografias abdominais e outras ..... Outubro 2011

1ª consulta. Agosto 2011

Otorrino Xerarquizados

Revisión ... Xullo 2011

Ou sexa, que a día de hoxe esta é a situación que non se corresponde coa propaganda feita pola Conselleria de Sanidade, parece increible que non se baixaran as listas de espera e que privarase a Lugo dun recurso sanitario accesible e positivo para a nosa cidade.

Por outra banda o persoal sigue a ser deficitario, non se invirte en aumentar plantillas, ainda que se fan concertos millonarios con empresas privadas, para lavanderia, mantenemento e publicidade, a mayor parte do persoal esta sobrecargado de traballo, vaya como exemplo o itinerario seguido por un celador de consultas externas durante o turno da maña:

- 8h comenzo do turno

- reparto de listados consulta

- recollida de Resonancias Magneticas en administración despois de ser rexistradas e reparto polas consultas

- reparto de pegatinas y duplicados delistados polas consultas

- levar pacientes a algunhas consultas e a extracións

- ir a farmacia a buscar medicación solicitada polas consultas

- levar pacientes a RX

- levar pacientes dende as consultas onde se lles fan as probas ata as plantas onde estan ingresados

- repartir documentación polas secretarias das plantas de hospitalización

- levar a electromediciña duas ou tres veces material para arranxar

- levar todolos dias, a farmacia a última hora a neveira coas solicitudes de citostaticos.

- reparto de documentación que deixan nas consultas de cada servizo: suministro, cita previa, lista de espera,partes a supervisora, cita previa

- levar Hª Clinicas a secretaria da planta de varias consultas

- a maiores nalgunha planta levalle a media maña e a última hora da maña as mostras de todas as consultas de xinecoloxia e as historias de tocoloxia a consulta de endocrinoloxia, duas ou tres veces

- pola maña ó almacen, ou calquer outra petición de calquer consulta(axudar a colocar as pacientes na silla de exploracions, etc)

- po ultimo unha información sobre os Km percorridos día a día por un celador de consultas externas, en calquer semana escollida o azar

- luns .................... 10 Km e 263 m

- martes ................ 11 Km e 634 m

- mercores ............ 11 Km e 729 m

- xoves ................. 10 Km e 831 m

- venres ............... 9 Km e 864 m

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública seguira reclamando para Lugo un CAR (Centro de Alta Resolución), onde consultas e probas se resolven no mismo día.

A PDSP tamen se compromete a seguir denunciando todas estas deficiencias as que nos consuce a Conselleria de Sanidade do PP, da que é titular a Sra. Dna. Pilar Farjas , para elo utilizaranse todos os medios o noso alcance para facer chegar os cidadans lucenses os datos reais sobre a situación sanitaria, para DEFENDER a SANIDADE PUBLICA e evitar a súa privatización.
Mesa Permanente PLataforma pola Defensa da Sanidade Pública

1 comentario:

  1. Yo creo que la sanidad pulica es deficitaria siepre y es casi necesario a un que nos duela,ayuda de la privada que es mas economica y resolutiva.

    ResponderEliminar