viernes, 20 de mayo de 2011

Manifesto da Asamblea da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo

MANIFESTO DA ASEMBLEA DA PDSP celebrada o día 10 de maio de 2011 no salón de actos da Deputación lucense.
Os asistentes á asemblea da PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA acordaron por unanimidade elaborar un manifesto sobre A SANIDADE LUCENSE NO MOMENTO ACTUAL para ser presentado na Delegación da Xunta na nosa cidade á Sra. Dña. Raquel Arias. Tamén será entregado ós representantes dos partidos politicos.
Os asistentes á asemblea constatamos de que dende a apertura do novo hospital (HLA) na capital lucense NON SE APRECIOU A ESPERADA (e anunciada e repetida) MELLORA NA ATENCIÓN SANITARIA ÓS CIDADANS LUCENSES. Ao contrario, A SITUACIÓN SANITARIA EMPEOROU CONSIDERABELMENTE.
AS LISTAS DE ESPERA, non só NON SE REDUCIRON, senón que AUMENTARON ESCANDALOSAMENTE. Nalgunhas especialidades coma Cirurxía Vascular ou Xinecoloxía dan cita para dentro dun ano; e noutras, coma probas diagnósticas (colonoscopias), xa nen dan citas (os pacientes serán avisados no futuro).
En ATENCION PRIMARIA foi PARALIZADO O PLAN DE MELLORA, que incluía o plan de atención á muller, que tamén se abandonou a pesars de que este plan xerara grandes avances (citoloxías nos centro de saude, atención ó embrazo, anticoncepción, etc).
En canto á ATENCIÓN Á MULLER é incrible o ABANDONO QUE SUFRE O COF na nosa cidade: só ten 1 xinecologo, con ausencias habituais, e o SERGAS non se preocupa de substituílo polo que as mulleres soportan longas listas de espera para a colocación dun DIU. En consecuencia, mentres esperan aumentan para elas os riscos de embaraz, algo que contrasta coa publicidade da actual Consellería de Sanidade que de palabra, pero non de obra, garántelle ás mulleres que non van ter que recorrer ao aborto ou á pilula postcoital. Menten.
Capítulo aparte merece o ESTADO DE ABANDONO do CENTRO DE ESPECIALIDADES da Praza do Ferrol e do vello HOSPITA XERAL.
Despois do seu traslado ó novo hospital, o SERGAS prometeu que continuarían acudindo a el o mesmo número de pacientes que antes do traslado (uns 900), pero iso é falso: acuden os do COF (cando funciona), os que teñen que facer controis de SINTRÓN e e os que van a facer RX solicitadas poleo Médidos de Familia (OLLO CO ESPERPENTO: ESAS RX NON SON REVISADAS POLOS RADIÓLOGOS!!!!!). Cantos pacientes poden ser ao día? 60.., 80..., 100...? Nada que ver cos 900 prometidos, non si?
Isto supón a infrautilización dun centro e duns recursos sanitarios céntricos e eficaces durante moitos anos, cuxa utilización evitaríalle a moitos e moitas luguesas viaxes innecesarios ao hospital e, ademais, a masificacion das consultas do novo hospital, favorecendo tamén unha mellor xestion dos edificios.
Estas promesas foron feitas nun momento no que a cidadanía lucense manifestaba a súa preocupación polas negativas consecuencias que oa desaparición do Centro de Especialidades traguería para os negocios do centro de Lugo. Pero as promesas eran fume e hoxe é máis que evidente a perda económica que tal medida supuxo para o comercio do centro da cidade.
Os asistentes a asemblea ratificámonos na proposta de instalación na Praza do Ferrol dun CAR (Centro de Alta Resolución), no que o 90 % das consultas e probas se resolven no mesmo día. Tamén defendemos a instalación dun PAC de urxencias, moi necesario neste momento pola a lonxanía do HLA e a sobrecarga de PAC de Fingoy, o cal triplicou a sua demanda. A situación sería estratéxica, e ao mesmo tempo aproveitaríanse os servicios de Radioloxíaia e Analítica, facendo un PAC totalmente resolutivo e diminuindo deste xeito a presion das urxencias no Hospital Lucus Augusti. Consecuencia: daríase un mellor servizo ós cidadáns.
O edificio do Materno Infantil segue baleiro. Temos comprobado que é suficientemente grande e está en óptimo estado de conservación, polo que pode albergar o Laboratorio de Saúde Pública (xa presupostado) e un novo Centro de Saúde, que permitiría desconxestionar o Centro de Saúde da Milagrosa, que é totalmente insuficiente para todos os asegurados que lle corresponden.
O futuro do edificio do vello Hospital Xeral, en franco deterioro, segue a ser unha incognita e a Consellería de Sanidade non parece saber qué facer con el. Na Plataforma consideramos que, cunha rehabilitación básica, pode ser destinado á atención socio sanitaria: creacion dunha Residencia Xeriátrica, xa que a nosa provincia é moi deficitaria en prazas publicas para os nosos maiores.
A asemblea pensa que nestos tempos de crise, manter estos edificios sen darlles un uso adecuado, é unha burla aos cidadáns que estamos facendo fronte á mesma a través da reduccion dos nosos salarios. Por iso, esta asemblea decidiu por unanimidade enviar este manifesto a Consellería de Sanidade para que nun corto prazo de tempo, non máis de tres meses, se comprometa a deseñar as liñas estratéxicas para o uso e desfrute destes edificios baleiros e do antigo Centro de Especialidades.
Ao tempo, esiximos que se poñan xa en funcionamento os servizos pendentes no Hospital Lucus Augusti, que son causa de moitos transtornos para os pacientes (viaxes a centros doutras provinzas, coa incomodidae que xenera) e para os seus familiares. falamos dos servizos de Radioterapia, Medicina nuclear e Hemodinamica.
Por último, ESIXIMOS QUE SE REBAIXEN AS LISTAS DE ESPERA e DENUNCIAMOS A INFORMACIÓN ENGAÑOSA DADA POLO XERENTE DO HLA, xa que para o paciente a lista de espera comeza, realmente, cando o médico de cabeceira lle dá o volante para o especialista. Nese momento comeza a lista de espara para el.
Cando, despois de meses de espera, o paciente chega a consulta do especialista, sabe que a súa espera continúa: Novos meses en espera para facer as probas: E cando estas están feitas e, á fin, o especialista o inclúe na lista de espera cirúrxica, aínda ten que seguir agardando máis meses. Por iso, é miserable, engañoso e falso dicir que tardará 90 ou 100 días, porque xa leva máis de un ano convivindo coa enfermidade e agardando que a ineficaz Consellería de Sanidade lle resolva o seu problema médico.
Esiximos respostas reais e eficaces a todos estes problemas que acabamos de enumerar e comunicamos que faremos un rigoroso seguimento de todos estes temas, non consentindo máis enganos nin mentiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario