lunes, 2 de noviembre de 2009

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, reclama o cumplimento da Ley de Dependencia, outras melloras e previsións para a terceira idade

COMUNICADO DE PRENSA:
Dende a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, ponse de manifesto que o Servizo de Dependencia desta provincia deberia dar resposta a situacións básicas no que a Dependencia se refire como son:
1.- Non se están a cumplir os prazos que segundo o Decreto 176/2007 de 6 de setembro, polo que se segula o procedemento para o recoñecemento de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para autonomía e atención á dependencia na Cominidade Autonoma de Galicia, que serían de seis meses para obter a Resolución de Grado e Nivel e outros seis para obter a Resolución da prestación ou servizo (PIA) que lle corresponde. Neste momento hai persoas que solicitaron en novembro de 2007, que ainda que tendo a Resolución de Grao e Nivel, non teñen a de PIA, polo conseguinte non teñen constancia de cando vai ser efectivo a prestación ou servizo que lles corresponde.
Que no Decreto que pronto vai a sair, que se teña en conta a reducción dos plazos,
2. No que respeta a servizos: Residencias, centros de día e de noite, etc. Non se está a cumplir o prometido con maior número de prazas:
1. Non se respeta as prazas en Centros de día nas poboacións con maior número de habitantes (urbanas), hay bastantes listas de espera , en cambio en poboacións de zona rural hai centros con plazas libres.
2. Centros de Noite: non temos coñecemento que neste momento exista ningún centro na provincia destas caracteristicas.
3. As persoas solicitantes de valoración que falecen durante o proceso non están a recibir ningún atraso a non ser que no momento de resolución teñan a Resolución de PIA coa coantía económica que van a recibir. Nós creemos que a comunidade de herdeiros debería de percibir igualmente os atrasos dende a data de solicitude ata o momento do falecemento, tanto no referente a prestación de libranza vinculada a coidados no entorno familiar, como a libranza vinculada a un servizo (axuda a domicilio, residencia, centro de día ...)
Para todos e moi importante que as familias dos enfermos falecidos durante o proceso de tramitación, reciban as prestacións con caracter retroactivo.
E por suposto que se resolvan XÁ, as prestacións económicas como as asistenciais.
Esta claro que a lei de Dependencia esta atascada dende os seus comenzos, xa que resulta inadmisible que unha lei dende que se fai a solicitude e o seu rexistro correspondente ata valoración, que teña que transcurrir tanto temmpo e por riba éste non se cumpla. E unha vez pasados ano e medio ou dous anos, o normal que o enfermo grave xa non necesite ningún coidado e o menos grave neste tempo xa está moito mais grave, e que decir dos enfermos mentais.... polo tanto non sirven de nada os procesos realizados, perda de tempo para o enfermo, para o coidador/a e por suposto tamén para a Administración.
Propón tamén a Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo, que unha vez que se faga o traslado do Hospital Xeral para o novo, que os terreos donde agora esta, que son propieda da Tesoreria da Seguridade Social, que sigan contando para un Centro Socio-Sanitario, cunhas grandes instalacións que por suposto beneficiaria a Lugo e mais toda a provicia e que pdería ser: A GRAN RESIDENCIA PARA MAIORES, CENTRO DE DÍA , CENTRO DE NOITE, ESTANCIAS TEMPORAIS E UN CENTRO DE SAUDE para esta zona de Lugo.
Ahí habría unha unión perfecta entre SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS, este sí sería un "BO SERVIZO DE BENESTAR"

No hay comentarios:

Publicar un comentario