jueves, 18 de diciembre de 2008

VACUNA FRONTE O VIRUS DO PAPILOMA HUMANO (VPH)

Exponemos os cidadans, a nota que nos fixo chegar a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública de Galicia, referida a campaña e vacinación e o virus do papiloma humano. dado o seu interés facemos unha publicación integra.
A A.D.S.P de Galicia ante o anuncio da Conselleria de Sanidade da inclusión en calendario de vacinación infantil da vacina fronte ao virus do papiloma humano (VPH) ás nenas de 14 anos, desexa manifestar á poboación ou seguinte:
- A vacina é consecuencia do descubrimento de que o virus do papiloma é a causa necesaria para que se desenrrole un cancro de colo uterino.
- O VPH é un virus que frecuentemente convive nas mucosas xenitais, afecta a homes e mulleres e transmítese por contactos sexuais non protexidos.
- O 90% dás infeccións xenitais producidas polo VPH resólvense por se mesmas, ás poucas que se cronifican podrian á o longo de 15-20 anos favorecer o desenvolvemento dun tumor de colo uterino na muller.
- O cancro de cervix ten unha frecuencia moi baixa no noso país (7,6 casos / 100.000 mulleres ano) e como a mayoria dá poboación sabe, pode diagnosticarse en estadios precoces coa realización de citoloxias, o que permite un tratamento sinxelo; expertos en Saúde Pública e Epidemiólogos promoveron unha plataforma para solicitar ás autoridades sanitarias unha moratoria na inclusión da vacina contra o VPH no calendario oficial de vacinacións infantís. Non obstante a decisión foi tomada igualmente, o que nos parece precipitado xa que hai dúbidas máis que razoables sobre a súa capacidade para previr un número sanitariamente relevante de mortes, comparado coas actuais practicas preventivas.
En total, este ano a Sanidade pública galega vacinará 10.400 nenas. A Dirección Xeral de Saúde Pública adquiriu mediante concurso público un total de 78.000 doses para o período 2008-2010 (2 anos e tres meses) cun presuposto de 7.722.000 euros (mil douscentos oitenta millóns de pts)....Habria que vacinar a 20.000 nenas para evitar un cancro de cervix nos proximos 15-20 anos, probablemente seria moito máis rendible sanitariamente aplicar outros programas de prevención con este diñeiro.
A vacina protexe de dous tipos de virus, 16 e 18, que son os responsables do 70% dos tumores de cervix, de forma que persistirian un 30% destes cancros.
A vacina non é unha alternativa ao cribado mediante citoloxia, polo que a decisión de vacinar implica aplicar as dúas estratexias simultaneamente, ademais existen obxeccións á vacina en relación a súa inmunoxenicidade, xa que non se sabe se seran necesarias dose de recordo ou non.
A industria farmaceutica ten lexitimos intereses financeiros pero non todos nin sempre estan en sintonia coas necesidades de saúde da población. Non por casualidade a industria gasta o 31% en mercadotecnia e só o 13% en investiacion mais desarrollo.
Chama tamén a atención que dende o ministro ata os conselleiros de saúde das diferentes autonomias optasen pola vacinación en vez de apostar por unha estratexia segura e eficaz de facer accesible a citoloxia a todas ás mulleres, organizando programas de cribado poboacional, chegando aos grupos de mulleres que non acuden a realizar ás citoloxias, sendo este o grupo onde aparecen os tumores máis avanzados que poden comprometer a vida.
Nestes momentos de crise económica que obriga a reducir o crecemento do gasto sanitario ao 4,1% parece necesario que as decisións de gasto vingan avaladas pola evidencia científica, cousa que neste caso non existe dade a gran controversia sobre a eficacia real da vacina. Tampouco parece moi razoable gastas tantos recursos en algo de eficacia non contrastada mentres a metade das mulleres (que se poden desenvolver o cancro ginecológico) nunca se realizaron unha citología diagnóstica
4 de Novembro de 2008
Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario