viernes, 11 de noviembre de 2011

El cobro Sanitario, ¿Que nos queren cobrar o Sr. Rajoy, o Sr. Feijoo e a Sra. Farjas?

No D.O.G (Diario Oficial de Galicia) do Martes 8 de Novembro de 2011, saiu publicado o decreto 209/2011 de 27 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas Fundacións Sanitarias.Ao citado decreto ademais do seu articulado engádeselle unha disposición adicional única que dí:
"De acordo ao establecido nos números 4,5,10 e 11 do artigo 15 da Lei 8/2008 do 10 de Xullo, de Saúde de Galicia, poderá establecerse un procedemento para repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por estes como consecuencia do uso irresponsable do sistema público de saúde de Galicia"

Os artigos aos que fai referencia a disposición son os que se refiren:
__ A os titulares do dereito a protección da saúde e a atención sanitaria
__ A os dereitos sanitarios
__ E aos referidos a documentación sanitaria e reclamacións.

 Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo (despois de escoitar as declaracións da Conselleira Sra. Farjas e as da Secretaria Xeral Sra. Perez Castellanos) cree que é necesario solicitarlle á Consellería a RETIRADA INMEDIATA da disposición adicional porque:

__ É unha medida innecesaria e arbitraria que vulnera a Lei Xeral de Sanidade do ano 86 e a Lei 8/2008 ( Lei de Saúde de Galicia ) garantes ambas do caracter universal e gratuito da asistencia sanitaria dos cidadans residentes no Estado e os cidadans residentes na nosa Comunidade Autónoma.

Queremos aclaralle á Sra. Farjas que nós (a plataforma ) non estamos dacordo co uso irregular (según el Diccionario da Lingua Española da R.A.E, uso irregular sería uso contrario á norma,malversación, desfalco, cohecho u otra inmoralidade na xestión dos servizos públicos ) de ningún servizo nin sanitario nin non sanitario, tamén queremos preguntarlle sí pensa seguir desprezando os cidadáns que non esten dacordo con este tipo de medidas con afirmacions tan prepotentes e faltas de estilo como as que fai en Acta Sanitaria do 10/11/2011 dicindo " O QUE ROMPE ALGO TEN QUE PAGALO" ; (a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo pensa que no caso que algún usuario ou traballador rompa ou raie mobiliario ou aparato tecnolóxico deberá abrirse una investigación para esclarecer os feitos), con respecto a que é unha medida para evitar o fraude, debemos recordarlle que xa os artigos aos que fai referencia o decreto deixan claro quen son os beneficiarios dos servizos sanitarios galegos e por tanto é reiterativo e innecesario volver a introducir este concepto, salvo que querase esconder outras posibles accions a realizar, os non residentes en Galicia xa teñen unha lexislación pola que se lles garante a atención sanitaria dacordo cos convenios nacionales e internacionales, e xa para acabar e facendo referencia as súas declaracions sobre a protección aos traballadores en desemprego, decirlle, que a estes traballadores o artigo 4, do capitulo 1 das disposicions xerais da Lei 8/2008, de 10 de Xullo, de Saúde de Galicia xa llos garante, o citado artigo dí:

O DEREITO Á PROTECCIÓN DA SAUDE E Á ATENCIÓN SANITARIA CON CARGO AOS FONDOS PÚBLICOS NO AMBITO DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA E DA COBERTURA UNIVERSAL GARANTIZASE A TODAS AS PERSOAS QUE RESIAN NOS MUNICIPIOS DESTA COMUNIDADE AUTONOMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario