miércoles, 9 de noviembre de 2011

Boletín Informativo nº 2 da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo

A plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo quere recordarlle que con data de xunio do presente ano, remitiuse a todala prensa o Boletin Informativo Nº 2 da Plataforma (que tamén adxuntase nesta ocasión) onde informabase que dende primeiros de ano, e que por orden do 4 de novembro do 2010 (DOG do 16-11-2010) a Conselleria de Sanidade non comtempla no seu articulado a compensación económica polo consumo de auga e electricidade que se aboaba ata a fecha a os pacientes con osixenoterapia (14,46 euros mensuais) razón pola que se deixaba de aboar a citada cantidade a partir do día seguinte a súa publicación.
Isto como pode comprobar desminte as informacións que se fan na sección GALICIA do periodico EL PROGRESO do día 31 de outubre de 2011, sobor os 11 millons de euros que a administración gasta ao ano nestes enfermos, ademais todo articulo que supoñemos é remitido pola Consellería e inexacto,por un lado fan as contas de axudas que xa non dan,e por outro contabilizan os tratamentos con aerosoles (farmacos por via inhalatoria), gastos que por outra banda tamén son contabilizados como gasto farmaceutico...............coas contas da Consellería,que parecense moito as contas do Gran Capitan é moi normal que a Sra. Farjas diga que necesita da cooperación público-privada para facer sostenible o Sitema de Salud Galego, o peor de todo isto é que entre as mentiras da Consellería e o pouco rigor a hora de informar e moi posibel que entre todos fagamos o sistema insostenible...........Saúdos

Mesa Permanente

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública

BOLETIN INFORMATIVO nº 2

OS “AFORROS” DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
Nos primeiros meses do ano, arredor duns 1.500 usuarios da sanidade pública galega (doentes que reciben un tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentrador, doentes pulmonares, EPOC) recibiron nos seus domicilios unha circular firmada polo Secretario Provincial do Sergas, o Sr. J. Ramón Fernández González (á su vez Director Provincial do Sergas, en funcions), na que se lles comunicaba que a orden do 4 de novembro do 2010 (DOG do 16-11-2010), da Consellería de Sanidade da Xunta de Galícia, non comtempla no seu articulado a compensación económica polo consumo de auga e electricidade que se aboaba ata a fecha ós citados doentes e que ascencia a 14,46 euros mensuais , (173,72 euros anuais) razón pola que se deixará de aboar a citada cantidade a partir do dia seguinte a súa publicación
Esta medida, demostra que en Galicia os plans de contención do gasto empezaron hai xa algún tempo dunha forma calada e sen a penas repercusión mediática: ¿quén se vai preocupar de 1500 doentes en Galícia, posiblemente alonxados entre si, sen posiblidade de protestar, enfermos crónicos, ancians con pensions ridículas....? Os médios téñenos ó tanto dos recotes que se queren poñer en marcha en Cataluña, pero, sospeitosamente dos que o PP está a impor en Galicia non falan, e levamos xá dous anos e médio sufrindo fortes recortes, a saber:
• Paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria .
• Non renovación dos contratos os traballadores hospitalarios.
• Intento de supresión de gardas de presenza fisica de Radioloxía no Hospital Comarcal de Monforte, supresión paralizada momentáneamente debido á contestación cidadán nese municipio, auspiciada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Monforte.

Dende o minuto un da súa toma de posesión, a Conselleira de Sanidade, Dna Pilar Farjas, calada pero moi eficazmente , e contando co silencio dos medios de comunicación (pecado oculto, pecado perdoado) está a aplicar sucesivos recortes. Dous ejemplos dan testemuño das súas malas artes:
•No verán do 2009 “reorganiza” a actividade de tarde nos hospitais. Consecuencia: no primeiro ano de aplicación fixéronse case 7000 ciruxias menos.
• A xestión das listas de espera por prioridade clínica traduciuse no incremento de nove dias no tempo médio de espera.
Por outra parte, o pasado 14 de xuño de 2011, a Conselleira presentou no Parlamento de Galicia o Plan de Prioridades Sanitárias 2011-2014, cuxa primeira frase é ademais de incongruente, a terrible premonición da desfeita que ven en camiño: “calidade é só facer o correcto, correctamente a tempo e a satisfacción do cidadán”. Cando a Sra. Conselleira dí “correctamente a tempo” supoñemos que se referirá aos sete mese que ten que esperar un doente de Traumatoloxia para ser visto pólo médico despois de pedir a cita cun volante preferente...Non obstante, o mais rechamante é que no citado Plan se identifique como prioridade na área de saúde a EPOC, en sexto lugar e por diante dos cancros de colon e de mama fimininos, ¿Como é posible que, sendo unha prioridade de saúde ( EPOC ) se lle eliminen as escasas axudas a istes doentes?. O tempo que dedicaron os técnicos en Saúde Pública en preparar este documento que a Sra. Farjas presentou no Parlamento dunha forma tan novidosa, ten un custo moi superior ao da escasas axudas que se suprimen.
Os Plans anteriores se paralizan como explicabamos ao inicio desde boletin, cós conseguintes problemas que carrexan estas decisións nos cidadans cada vez mais desprotexidos.
A mayor abondamento, asistimos diariamente a preocupantes e chamativas noticias sobre o estado da Sanidade galega e española, noticias que teñen a misión de alarmar á cidadania e, ao tempo, ir creando un clima de preocupación e medo para que a poboación acepte submisamente os recortes que xá se están a impor e outros que virán. Ocultan, cínica e perversamente, que toda esa campaña ten un único obxetivo: privatizar todos os servizos da sanidade pública, inmenso pastel económico que as empresas privadas queren controlar para enriquecerse ainda mais a costa da calidade dos servizos que logo prestarán. Isto xá aconteceu en outros países, e así lles vai. ¿Que nos agarda a nós?.
Como xá denunciamos en anteriores boletins, a Xunta de Galicia entregou a varias empresas privadas a xestión e explotación de moitos dos servizos do HLA (Hospital Lucus Augusti) : informática, lavanderia, recollida da roupa e o seu traslado, arquivo de historias clinicas, servizos de limpeza, aparcamentos, explotación de máquinas expendedoras de café e refrescos; e tamén locais de librería, perruquería, florería, etc. A entrada do hospital parecese cada dia mais a um centro comercial.
A Plataforma esixe o fin desta sangría privatizadora e destas perversas campañas de medo. E, ao tempo, demanda un debate serio e razoado sobre a sostenibilidade do sistema sanitário con todos os actores/sectores integrantes do mesmo: expertos, xestores, doentes, asociacións, profesionais etc.......A revista da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública –SALUD 2000–, publica un articulo sobor a sostenibilidade do sistema sanitário público, que está a disposición de todos aqueles co desexen na paxina web WWW.fadsp.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario