miércoles, 26 de octubre de 2011

Informe Hospital Lucus Augusti - Octubre 2011

Informe Hospital Lucus Augusti


Camas:
Non se abren de novo despois do verán, 34 de Mediciña Interna e 23 de Pediatría. Sin embargo sabese que se están enviando pacientes de Traumatoloxía para ser intervidos nun centro privado lucense e sospeitamos que en outras especialidades se está a facer o mesmo; ¿enton, se cerran camas no HULA e se envian pacientes a operarse a outros centros?, esiximos o Sergas unha explicación.

Unha mención aparte merece o tema das pantallas (para citas) de consultas externas do hospital , este sistema que foi adxudicado por o Sergas a unha empresa privada, foi posto en funcionamento os primeiros días por persoal do Sergas ( e non por persoal da empresa privada) para informar os pacientes do seu funcionamento; non se contratou sin embargo, a pesares que en algunha planta faria falta persoal de reforzo , ós celadores percorren diariamente varios Kms.

E a maiores, a osadia do Sergas chega a instalar nas pantallas un autentico servicio propagandistico do goberno da Xunta, dando datos ¿verdadeiros? sobor das obras e investimentos alleos a sanidade. ademais de salir a imaxen do Presidente da Xunta o Sr. Feijoo.

Gracias a intervención da xunta de persoal, esta propaganda disfrazada de información foi retirada, quedando actualmente información sobre a Conselleria de Sanidade que ainda pensamos deberiase cambiar na sua totalidade e ofrecer a os usuarios educación sanitaria, ademais deberian preocuparse de que sexan ben visibles os números para entrar nas consultas, obxetivo que pensamos era en principio o que tiña a instalación de estas pantallas.

Listas de espera

As listas de espera seguen a aumentar a pesar de que se citan gran número de pacientes en algunhas consultas, feito que crea malestar por parte de pacientes e profesionais. A última información sobor as listas de espera reais son:

Primeras consultas

Xeriatria ............................................. Febreiro 2012

Trauma Xerarquizados ........................ Xunio 2012

Xinecoloxia ........................................ Maio 2012

Neuroloxia ......................................... Febreiro 2012

Alerxias ............................................ Marzo 2012



Revisions

Neuroloxia ..................................... Abril 2012

Xinecoloxia ( resultados ) ................ Xunio 2012

Ciruxia Vascular ............................ Xaneiro 2013

Colonoscopias ............................... Agosto 2012

Ecografias xenerales ...................... Marzo 2012

Ainda se agrandan mais estas listas nos casos en que os directivos do HULA deron a orden de que o paciente teña que vir persoalmante a pedir cita, se temos en conta a idade da maior parte da nosa poboación a a distribución xeografica non e dificil pensar que habera quen deixe de vir as consultas.

En Atención Primaria non se sustituen os médicos de cabeceira en vacacions, se cerran as axendas, e en ocasions hay varios dias de espera para acudir a consulta do médico de cabeceira.

Empresa Farmaceutica

Temos coñecemento que se siguen producindo promocions e presentacions de medicamentos, onde se obsequia os profesionais e traballadores sanitarios, con comidas, pinchos, etc , ademais do pago o conferenciante, e que a veces isto se produce en horario laboral.

Rexeitamos estas prácticas da empresa farmaceutica que a pesares da crise economica non duda en realizar este tipo de feitos, propoñemos que estas informacions sexan dadas nos locais preparados para istos actos como pode ser o salon de actos do HULA, ou as salas dos Centros de Saúde, e que o que se trate sexa exclusivamente información obxetiva sobre o farmaco e os seus beneficios para a saúde.

Queremos recordar que os edificios baleiros tras o traslado o Hula seguen así baleiros,

e que a nosa reivindicacion é de que se utilicen istes edificios para usos sanitarios o sociosanitarios ( Centro de Alta Resolución, Servicio de Urgencias, Centro de Saude, etc )

Finalmente decir que soo pararemos isto si conseguimos unha movilización da ciudadania en contra do deterioro e privatización da Sanidade Pública, que pagamos cos nosos cartos, por iso convocamos a concentración do día 27 as 8 da tarde diante do Edificio Multiusos da Xunta

Plataforma pola Defensa da Sanidad Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario