miércoles, 26 de octubre de 2011

Asamblea Octubre Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo

Onte, no salón de actos da Diputación Provincial ,reuniuse en asemblea ordinaria a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo, facendo primeiro unha lectura da acta da asemblea anterior, a continuación fixose un resumo da situación sanitaria no momento actual en Lugo y Galicia, ademais tomaronse os seguintes acordos:

-- Esixirlle a Consellería de Sanidade explicacións sobor os servizos de Hemodinamica, Mediciña Nuclear e Radioterapia, que según as autoridades sanitarias ( A Conselleira Dna. Pilar Farjas e o Presidente da Xunta Sr. Nuñez Feijoo) no acto de inaguración do HULA, e en reiteradas ocasions na prensa, prometeron estarian a funcionar no primeiro semestre do ano; estamos a piques de finalizar o mes de outubro e istes servizos non soo no estan funcionando senon que non estan nin presupostados nin por suposto licitados, polo que supoñemos tampouco se poran en marcha no proximo ano.

-- Así mesmo a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo xunto con SOS Sanidade Pública acordou facer un chamamento a cidadania de Lugo a participar na CONCENTRACION do XOVES 27, as 8 do seran diante do Edificio Multiusos da Xunta, en contra o deterioro e os recortes sanitarios e en Defensa da Sanidad Pública, ista concentración confluira diante do citado edificio coa manifestación que fara a ASOCIACION DE VECIÑOS DO BARRIO DA RESIDENCIA , xa que ambas plataformas coinciden nas suas reivindicacions, na necesidade de que sexan utilizados os edificios baleiros tras o traslado de servizos ao HULA, non soo pola necesidade de revitalización da zona do barrio da Residencia, senon tamén pola necesidade dos usuarios da sanidade pública de Lugo de contar cuns servizos dignos e acordes as suas necesidades (Centro de Alta Resolución, Centro de Saúde, Servicio de Urxencias)

MESA PERMANENTE
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA LUGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario