sábado, 2 de abril de 2011

Boletín nº 1 da Plataforma pola Defesa da Sanidade Pública de Lugo

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo
Boletín Informativo Nº 1

Iniciabamos o boletín informativo Nº 0 realizando unha chamada de atención ao DOG (Diário Oficial de Galicia) do xoves 13/01/2011, no que se anunciaba a adxudicación definitiva do Servizo de Lavandaría para o Hospital Lucus Augusti (HLA) á empresa Fundosa Lavanderias Industriales S.A.U (cif: A79475729) por un importe total de 304.440 euros. O grupo Fundosa é unha división empresarial creada pola fundación ONCE con empresas en todo o território español ; en Galicia é FLISA SANTIAGO, Polígono Industrial do Tambre, Via Pasteur, 17, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Hoxe debemos continuar con esta chamada de atención:

O día 23/03/2011 no DOG 58, páx. 4977, con data de disposición e rango de resolución de 18/02/2011, a Dirección Xerencia do Hospital Lucus Augusti de Lugo anuncia a contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de transporte de roupa para o HLA de Lugo e os seus centros dependentes, ata a lavandaría do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) e o transporte de roupa limpa co itinerário inverso, cun presuposto base de licitación de 296.000 euros (IVE incluído 18%) e cun valor do contrato de 444.000 euros (prorrogas incluídas).

A Plataforma pregúntase:

1.- ¿Se a empresa Fundosa ten a súa sede no polígono do Tambre, em Santiago de Compostela, por que o transporte se adxudica a unha empresa que o leva ata o CHUAC?
2.- ¿Haberá unha nova adxudicación para transportar a roupa dende o CHUAC (Coruña) a empresa Fundosa (Santiago).

Estamos, pois, diante de outra evidencia da destrutiva sangria privatizadora que está a impor o goberno do PP, entre o servizo de lavandaría e o do transpote, -sem contar o montante que vai supoñer trasladar a roupa dende Coruña a Santiago- outros 748.000 euros pasan a empresas privadas. É dicir, o proceso privatizador continua. E ainda que semellen cantidades pequenas, a realidade demostra que non é así, xá que novos servizos e, consecuentemente, mais cartos están a pasar a empresas privadas, nos primeiros 100 días de funcionamento do HLA xá temos outra empresa privada contratada para realizar tarefas de mantemento (arredor de 40 traballadores) e o 15/03/2011 publícase no DOG a formalización do servizo de limpeza para o Hospital por un canon de adxudicación cun importe total de 9.953.932,33 euros (IVE incluído 18%).

Suma e segue, e a sangria continua.

Sopran malos ventos para a Sanidade Pública. E non imos calar ainda que a Sra. Farjas e os seus acólitos traten de desacreditarnos acusándonos de que “estamos trasnoitados” ou que o noso discurso é “casposo”. Que morro lle botan, pólo visto o moderno é estar a favor de que a empresa privada obteña cuantiosos benefícios especulando coa saúde, un dos poucos negócios rendibles en épocas de crise.

Estase a fragmentar o sistema sanitário dunha forma altamente perigosa. E mais que nunca, e necesaria a unidade na defensa dunha SANIDADE UNIVERSAL PÚBLICA e GRATUITA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario