Recibimos dende o grupo " tú Lugo eres", a seguinte nota, que por a seu interés publicamos integra.
CENTRO DE ESPECIALIDADES - PLAZA DO FERROL
Os 210.000 consultas que se fan ao ano, no centro de especialidades da praza do Ferrol, por decisión do goberno da Xunta de Galicia, que preside o Sr. Feijóo, deberán ir ao novo hospital para as consultas. Así se lles está a decir ao persoal sanitario do centro. Sería un feito sen precedentes, porque non ocorre en ningunha cidade, que se deixe sen cobertura especializada no casco urbano. Esta medida de tomarse, suporía eliminar do centro urbano o único servicio sanitario de especialidades que temos en Lugo.
Temos a plena seguridade de que a Xunta e o PP, están aplicando unha política de baleirado de centros sanitarios (vésaxe as pretensións de asumir só o persoal e non os hospitais de San Rafael en Castro de Rei e San José en Lugo) para concentrar todo o persoal no novo hospital. Así redúcese as prestacións e os recursos.
O persoal do Centro de Especialidades, tanto de cupo como xerarquizado, oponse a esta medida, que por outro lado, perxudica de xeito importante aos cidadáns de Lugo, porque lles vaí a impedir que poidan ter preto dos seus domicilios a cardiólogos, ciruxanos, xinecólogos, oftalmólogos, dermatólogos, urólogos, traumatólogos, etc; e a realización de probas diagnósticas como as radiolóxicas e de laboratorio.
Habería que facer todo o contrario, darlle máis medios diagnósticos e potenciar nel as consultas de alta resolución, para facer todo o proceso de consulta e diagnóstico e tratamento en menos tempo. Estas actuacións de potenciación da alta resolución para resolver os problemas de saúde, que se deciden facer noutras comunidades autónomas, en Galicia, non só non se implantan decididamente, senón que se reducen os actuais centros de especialidades.
Ademais a medida, sen dúbida, afectará negativamente aos comercios, cafeterías e negocios do entorno da Praza do Ferrol.
En consecuencia, reclamamos que se manteña e potencie, en dotacións e servizos, o Centro de Especialidades.

No hay comentarios:
Publicar un comentario