A Xunta de Galicia, gasta miles de Euros en informar "a touro pasado"do novo sistema de facturación de enerxía Eléctrica.
Estanse a distribuir no día de hoxe na maioria dos fogares galegos, cartas sobre a forma en que afecta á cidadanía o novo sistema de facturación eléctrica.
A tempo, informaronnos xa diversos colectivos sociais e en moitos casos "como en Lugo", o propio concello, ou sexa antes do 30 de Xuño.
E é sumamente rechamante a ultima pregunta que se fai no triptico: ¿ E unha decisión da Xunta de Galicia?, e neste mismo triptico respondese: Non, esta modificación foi realizada polo Goberno de España a través dun Real Decreto. A Xunta únicamente informa e atende as suxestións dos usuarios.
Non apreciamos xestión eficaz en ningunha Conselleria despois de case 90 días de xestión.
E para mais "inri" aquí acaban de gastarse moitos Euros, e non hay vontade de dispoñer de presuposto nin para limpiar a Muralla de Lugo "Patrimonio da Humanidade", nin para facilitar a gratituidade dos libros no ensino público obrigatorio. De momento, camiñamos para atrás.
Cremos que xa nos teñen que dar explicacións ou pola contra, algúns debian de ir preparando a maleta.
Para Administrar ben, non adoitan facer falta grandes Doutores, e se pola contra o sentido común.
No hay comentarios:
Publicar un comentario