viernes, 19 de octubre de 2012

MOMENTO DECISIVO PARA O FUTURO DA SANIDADE PÚBLICA EN GALICIA

PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA LUGO
BOLETÍN Nº 5 XUÑO 2012
 
Estamos a vivir un momento decisivo para o futuro da Sanidade Pública en Galiza, e por conseguinte na nosa provincia.
Nas eleccións autonómicas, que se celebrarán o día 21, os galegos e as galegas  imos elixir aos políticos que nos van a gobernar durante os próximos 4 anos.       
Nas nosas mans está o voto, que debe ser reflexivo. Todos sabemos que a única maneira de que non continúe o progresivo deterioro á que foi sometida á Sanidade
Pública de Galicia nos pasados catro anos é dar o noso apoio aos partidos políticos que leven no seu programa a súa defensa e mellora, é dicir, aqueles que se comprometan
a investir nela para mantela e mellorala.
Nas nosas mans está. Tamén nas nosas mans está a posibilidade de esixir que cumpran o prometido.
Nestes últimos 4 anos o que estivo a acontecer coa Sanidade Pública de Galicia foi realmente moi preocupante. Por unha banda, sufrimos as duras medidas probadas polo goberno de Madrid:

Copago.

Recortes.

Non asistencia a inmigrantes. 

Diminución dos dereitos dos traballadores:

1.- Recortes salariais por baixas por enfermidades.
2.-Supresión da paga extraordinaria de decembro.
3.- Empeoramento das condicións de traballo pola rebaixa dos días de descanso, non substitución de baixas, non substitución das vacacións...
A maior abondamento, en Lugo, as promesas incumpridas por parte da Consellería de Sanidade son unas cantas:
1.- En novembro cúmprese o segundo aniversario da apertura do HULA, e seguimos agardando polos requeteprometidos servizos de Radioterapia, Medicina Núclear e Hemodinámica.
2.- A Conselleira de Sanidade, con falsas e arteiras promesas, conseguiu que os veciños do barrio lugués da Residencia pararan as súas mobilizacións. Mais, a realidade é que ata hoxe o único que a
Consellería fixo foi trasladar a Unidade de Psiquiatría para o edificio da antiga escola de enfermería; pero nada se sabe do PAC nin do Desdobramento do Centro de saúde da Milagrosa.
Pola contra, sábese que non vai a ser trasladado o laboratorio de Saúde pública, que continuará na súa actual localización en Sanidade.
3.- Negativa e sorprendentemente, os pediatras do Centro de Saúde da Milagrosa foron trasladados ao antigo Centro de Especialidades a pasar consulta coa 

conseguinte incomodidade para os nenos/as

os seus pais. Ademais, este traslado supón una ruptura co funcionamento dun equipo de atención primaria, no que se realizan sesións clínicas e reunións de todos os traballadores, que repercuten directamente na calidade asistencial.
4.- As camas pechadas no HULA durante o verán, non foron postas en funcionamento ao acabar este. Namentres. as listas de espera disparánse aínda que o señor Xerente e a Conselleira o sigan negando.
5.- Pese ao hermetismo que rodea as listas de espera, sabemos que a realidade é ben distinta da que nos contan. Os datos reais son moi distintos oas que eles dan. A saber:

Vascular: 1ª consulta, novembro 2013.
Traumatoloxía: marzo-abril 2013.
O.R.L: marzo-abril 2013.
Colonoscopias: preferentes, marzo 2013.

Neuroloxia. setembro  2013

Xeriatría: decembro 2013.

6.- De novo houbo que chamarlle a atención ao Sr. Xerente pola propaganda institucional vertida nas pantallas de consultas externas.
É hora de que respecten a traballadores é a usuarios! Deixen de utilizar as pantallas informativas para facer propaganda.
Empréguenas para falar de prevención, de educación sanitaria, de hixiene, pero non nos conten cousas que non teñen que ver coa atención sanitaria nin cos doentes.
7.- As xubilacións obrigatorias que se están a facer (por cumpriren os sanitarios 65 anos), teñen como consecuencia inmediata reducir as plantillas, xa de por sí escasas; e por riba, non hai ningunha garantía de que esas prazas que quedan vacantes sexan cubertas, coa desculpa dos recortes.
No HULA van ser obrigadamente xubilados (nunha medida aplicada con premura) un número elevado de especialistas, repercut indo moi negativamente tal feito na calidade da atención sanitaria que se presta aos lucenses.
Despedimos este boletín cun chamamento a todos os cidadáns lucenses, e preferentemente aos que recibides o noso boletín: se queremos preservar e mellorar os servicios públicos (neste caso a Sanidade) cómpre apoiar aos partidos que defendan de verdade (e non de palabra) estes nosos,
primordiais e irrenunciables obxectivos.
Debemos, consecuentemente, non apoiar aos que levan anos, por unha banda, convertindo a Sanidade Pública de Galicia nun lucrativo negocio en mans de empresas privadas, e por outra, establecendo
diferencias entre a poboación, ben no acceso a esta Sanidade Pública, ben pola súa situación laboral ou pola súa orixe.

P.D.S.P

1 comentario:

  1. Non pode ser que Lugo esteña ainda sen radioterapia e que a xente teña que ir a Coruña a levala, seguro que aquí hai negocio pero é importante que traigamos radioterapia a Lugo para que os tratamentos para os pacentes sexan o máis levadeiros posible!

    ResponderEliminar