martes, 27 de septiembre de 2011

Informe da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo respeto a situación do vello Hospital de Lugo

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública quere comunicar os cidadáns lucenses o seu apoio os vecinos do barrio da residencia (Antigo Hospital Xeral) nas suas reivindicacións de que os edificios que quedaron baleiros, despois do traslado o HULA, sexan utilizados xa para usos sanitarios.

O edificio do materno-infantil e o de a antiga escola de enfermeria, estan en condicións optimas para seren utilizados e o antigo xeral requerira do informe dos técnicos. Parece mentira que niste momento de crise (palabra que utilizan continuamente os politicos do goberno galego e da Conselleria de Sanidade), se esten a pagar alugeres de locais utilizados polo Sergas e sigan baleiros estes edificios, e o Centro de Especialidades da Praza do Ferrol infrautilizado.
É curioso cando menos, que os politicos do goberno da Xunta sexan os primeiros en malgastar cartos públicos,cando estan a falar de continuo de austeridade e de "recortes". En algún deses edificios poderia instalarse un CAR (Centro de Alta Resolución), reivindicado pola plataforma dende o momento en que foron trasladados todas as especialidades o Hospital novo; o CAR ten como principal caracteristica que resolve no 90% dos casos a consulta do especialista, diagnostico e tratamento no mesmo día, por outra banda nalgún destes edificios e tal e como reclaman os veciños deberia instalarse un servicio de urxencias, tan alonxadas ahora no HULA, serviria para paliar esta deficiencia en todo o casco urban.
A reutilización dos edificios baleiros non é un capricho é unha necesidade sanitaria; acerca o servizo o usuario o que supón unha mellora na calidade asistencial, a reutilización de todos istes edificios e o aproveitamento do Centro de Especialidades é tamén unha necesidade da cidade e dos cidadáns, xa que o centro urban perdeu a visita de miles de persoas que acudian as consultas da Praza do Ferrol e o vello hospital. Os politicos teñen que preocuparse das consecuencias (nunha cidade pequena como Lugo) que supón o traslado masivo de centros sanitarios para outra localización como ocurriu no caso do traslado o HULA.

Mesa Permanente Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario