viernes, 8 de octubre de 2010

CENTRO DE ALTA RESOLUCION, ¡XÁ!

Ante a situación creada pola apertura do novo hospital e a concentración de recursos de atención especializada no mesmo, a PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DE LUGO esixe para a nosa cidade un Centro de Alta Resolución (CARE).

A Alta Resolución é un moi eficaz procedemento médico, pois trata aos pacientes como se foran parentes ou amigos, é dicir, concentra nunha única visita a consulta co especialista, a realización das probas, o diagnostico e o pertinente tratamento. Esta estratexia personaliza a atención médica e sina ao ciudadá como eixe do sistema sanitario, tal e como di a Conselleira de Sanidade.

Noutro eido, a PLATAFORMA pregunta:

- como se van realizar as probas radioloxicas cando empecen a funcionar as consultas externas, xa que o servizo de Radioloxia tardará meses en estar instalado? Está a anunciarnos a Consellería a privatización deste servizo?

- vai ser certo que, por falta de persoal ou de planificación, cada enfermeira do novo hospital terá que atender 3 ou máis consultas? Os cartos que se despilfarran en edénicas campañas publicitarias non sería mellor investilos en dotar ao novo hospital de maiores e mellores recursos técnicos e humanos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario