viernes, 15 de enero de 2010

La Plataforma por la Defensa de la Sanidad Pública de Lugo, pide explicaciones al Sergas

La Plataforma por la defensa de la Sanidad Pública de Lugo, nos acaba de remitir un escrito en donde pide explicaciones al Sergas por el cierre de consultas en Navidades.
Quere informar ós cidadáns lucenses que a Dirección do SERGAS suspendeu de 22 a 25 consultas, diariamente, durante estas vacacións de Nadal, no Centro de Especialidades que se encontra situado na Praza do Ferrol. As especiliadades que se suspenderon diariamente foron as seguintes: Cardioloxía, Ciruxía, Dixestivo, Psiquiatría, Endocrinoloxía, Dermatoloxía , Xinecoloxía, Oftalomolxía, Traumatoloxía e Uroloxía; e nalgúns días tamén suspendéronse Rehabilitación e Psicoloxía. Se temos en conta que no Hospital Xeral tamén se suspenderon consultas, os membros da plataforma preguntámonos: ¿cómo é posible que se rebaixen e non aumenten as listas de espera? As listas aumentan.

Nestas consultas se atenden diariamente (polos datos que podemos conseguir) como mínimo uns trescentos pacientes en total, que supoñen uns tres mil ó longo destes días de vacacións e os que hai que volver a dar cita.

Pero é que ademais, sabemos que non se reanudaron as peonadas no Hospital Xeral, en especiliadades que posúen una longa lista de espera. Mentres que, sen embargo, estanse a pagar cantidades moi importantes de diñeiro ós centros concertados por este mesmo concepto. As contas non cadran. E desde a plataforma esiximos unas contas claras á consellería e á súa titular, á Conselleria de Sanidade, para saber cal é o procedemento que está a seguir e o gasto do mesmo. Canto custo para o sistema representaban as peonadas, a súa rendibilidad, e a súa comparación co prezo que se está a pagar nos centros privados.

Por outra banda, os membros da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Lugo, solicitan da Dirección do SERGAS que explique ós cidadáns lucenses e á opinión pública en xeral, de forma clara e sinxela, cal é a súa maneira de xestión das listas de espera; queremos saber cal é o prezo desta xestión para a Sanidade Pública e se sale máis barato, ou non, que as necesarias peonadas que teñan que facer os diferentes servicios sanitarios, se leven a cabo en centros concertados; tendo en conta que esta actividade, que recientemente se levaba a cabo en turnos de tarde no Hospital Xeral, ten sido suprimida de xeito unilateral pola xerencia.

E intentando ser prácticos e constructivos, queremos facer chegarlles a nosa crenza de que, debido á inminente apertura do novo Hospital de Lugo, onde vai ser significativo contar con recursos económicos suficientes para a súa dotación tecnolóxica, personal e de servicios, una correcta xestión das listas de espera é fundamental. A rendibilidade adecuada que do diñeiro público se faga –Exemplo: unha boa xestión das Listas de Espera- incidirá de forma favorable na pronta posta en funcionamento deste gran hospital e, ó mesmo tempo, facilitará en gran medida que o orzamento para a súa dotación se faga en tempo; ademais de que sexa suficiente e o adecuado.

PDSP
Pensamos que tienen toda la razón del mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario