viernes, 22 de febrero de 2013

PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA LUGO

PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA LUGO


PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA LUGO

 
BOLETÍN RESUMO DE 2012


E obvio: este boletín resumo non pode ser nada optimista, xa que o 2012 foi un ano de
grandes perdas de dereitos sociais, tanto para o persoal sanitario como para os pacientes en todo
o estado, debido ás leis aprobadas polo goberno do PP, leis que están a ser aplicadas en Galiza e, consecuentemente, na nosa provincia e na nosa área sanitaria.
O Real Decreto 16/2012 do 20 de abril supuxo o ataque máis brutal perpetrado contra a Sanidade Pública nos últimos anos, xa que deu vía libre a:

* Copagos na prestación farmacéutica.
* Pago do transporte sanitario non urxente.
* Pago de proteses.
* Pago de productos dietéticos.
* Non atención a inmigrantes
* Exclusión da asistencia sanitaria pública aos maiores de 26 anos que non teñan S.S.
Nunha provincia como a nosa, con máis pensionistas que persoal activo, estas medidas
son gravemente prexudiciais para os máis débiles economicamente (a gran maioría dos pensionistas
lugueses, que teñen pensións baixas), para os enfermos crónicos, para os que non teñen traballo (maiores de 26 anos) e para os inmigrantes sen papeis.
Ao tempo, aos traballadores sanitarios rebaixóuselles o salario, suprimíuselles a paga extraordinaria de decembro 2012 e están a descontarlles nas nóminas ménsuais as baixas por enfermidade!!!
A maior abondamento, non se substitúe ao persoal sanitario e non sanitario, tanto en atención primaria como en especializada, polo que aumenta a carga de traballo, aumento que repercute directa e moi negativamente na calidade da asistencia sanitaria que se presta aos lucenses.
No HULA comezou a aplicarse a xubilación obrigatoria aos 65 anos. E dado que nos últimos meses están a producirse bastantes xubilacións de médicos especialistas, dende a PDSP estaremos vixiantes para ver que se vai facer coas prazas que quedan vacantes. Sospeitamos que, coa desculpa da crise, estas prazas van ser amortizadas, polo que as plantillas, xa de por sí escasas, se verán aínda máis mermadas.
As promesas feitas aos vecinos do barrio da Residencia por parte dos políticos do PP e pola onsellería de Sanidade (promesas que supoñían levar servizos sanitarios para os edificios do antigo Xeral e o Materno infantil) seguen sen ser cumpridas: a única actuación realizada polo momento foi o traslado de Psiquiatría para o antigo edificio da Escola de Enfermería, pero os outros edificios seguen  baleiros, e deteriorándose.
Sobre o prometido Laboratorio de Saúde Pública o que hoxe sabemos é que comenzaron as obras de ampliación na mesma ubicación dos últimos anos, na antiga Delegación de Sanidade da rúa Montevideo. Para cando o traslado?
Das 301 camas pechadas no verán pasado que, segundo dixo o Sr. Xerente, non se utilizaron “por falta de demanda” (¡?), a día de hoxe seguen pechadas unhas 210. Por qué? E que non hai listas de espera cirúrxicas?
Por desgraza para os lucenses, si hai listas de espera, que dende fai máis de catro anos non paran de medrar. As causas son obvias: se o persoal sanitario diminúe por mor das xubilacións, se as baixas por enfermidade non son cubertas e se dende a Consellería non se crean programas ou se toman medidas para loitar contra as listas de espera, a lóxica consecuencia, como moi ben sabedes porque o están a sufrir día  tras día) os cidadáns lucenses, é o continuo   

alongamento/crecemento das listas de espera en todas as especialidades.
Durante o ano 2012 os servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear, prometidos polo Sr. Núñez Feijoo en novembro 2010 no acto da inauguración do HULA, seguiron ausentes e en paradeiro descoñecido.
Foi necesario que acudira a dar unha charla ao HULA un prestixioso cardiólogo da Coruña
e que afirmase que o tempo de atención aos infartados en Lugo dobra o dos infartados na
Coruña, para que algunhas conciencias espertaran e para que nos medios lugueses se
comezase a falar destas e doutras carencias.
Se a desculpa para non poñer en funcionamento no HULA os servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear é a crise, a PDSP de Lugo, demanda a atención da cidadanía sobre os gastos de privatizacións de servizos e concertos con empresas privadas para os que houbo e segue a haber cartos.

Velaí os custes das privatizacións de 2011
Privatizacións Euros
Lavandería 304.000
Transporte 440.000
Limpeza 9.953.932
Fisioterapia e Logopedia 1.543. 590
Concertos empresas privadas 11.713.400
Concertos que asumiu o HULA 3.400.000

É dicir, ao longo de 2011, e soamente na área sanitaria de Lugo centro, a Consellería de Sanidade privatizou servizos por
27.355.352 euros (equivalentes a 4.320.000.000 das antigas pesetas. Unha millonada!).
 
E as privatizacións seguiron en 2012         
Segundo a denuncia feita pola CIG, o 14 de novembro de 2012, saíu publicado no DOUE o
concerto para adxudicar o mantemento integral do equipamento electromédico e outro equipamento por un valor 33.892.225,84 euros

A denuncia, feita polo sindicato CIG, engadía: “no HULA existe xa un equipamento composto por catro traballadores que veñen desenrolando este cometido con plena satisfacción e competencia, destacando o tempo de resposta ante as chamadas e o alto índice de resolución de incidencias"

Á luz destas evidencias, custa crer que sexa o “AFORRO” a razón que levou á Consellería de Sanidade a realizar esta nova privatización.

No DOG do 12/10/2012 saíu a concurso a dixitalización das historias clínicas do HULA por un valor de  2.953.220,34 euros

No DOG 12/12/2012 anunciouse a formalización do contrato do servizo de mantemento do equipamento informático nos centros integrados deste complexo hospitalario (HULA), por un valor de  195.148 euros.

Coñecemos datos de pagos feitos pola Dirección Provincial do Sergas a sanatorios privados da provincia, doutras provincias galegas e de fora de Galiza, pagos que suman arredor de 500.000 euros mensuais, ou sexa, uns 6.000.000 euros por ano (é dicir, uns 1.000.000.000 das antigas pesetas).

Como é posibel que, cando os lucenses reclamamos os servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear, tan básicos como necesarios para nós, se nos diga que non hai cartos? Cartos hai, é evidente, pero non para mellorar a calidade sanitaria dos lucenses. O que non hai, por parte dos responsábeis da Consellería de Sanidade nin do goberno da Xunta de Galiza, é ningún interese e aínda menos  vontade política de dotar o HULA destes servizos, básicos, necesarios e imprescindíbeis,  servizos que a PDSP de Lugo demanda e esixe  firmemente en todos os seus boletíns.
 
OUTROS  PLANOS SANITARIOS

ATENCIÓN PRIMARIA
De todos é sabido que cando hai recortes nos
orzamentos e nos dereitos dos traballadores, a

Atención Primaria é a primeira en resentirse.

Na nosa área xa hai tempo que os

traballadores da Atención Primaria saben o que

supón e conleva que non se substitúa aos

facultativos nin ao resto do persoal: sobrecarga

de traballo, feito que repercute negativamente

tanto nos propios traballadores como na calidade

da asistencia aos doentes.

No ano 2012 foron trasladados os pediatras

do Centro de Saúde de “A Milagrosa” para o

Centro de Especialidades. Isto, ademais de

supor unha incomodidade para as nais, pais e

nenos, provocou desequilibrios e rupturas no

funcionamento dun equipo de Atención Primaria

ao separar físicamente unhas consultas doutras.




VACINAS DA GRIPE




As vacinas antigripais que tiveron que ser

retiradas (o 20% das que estaban a disposición


 
 
para a campaña antigripal en España), eran
fabricadas por a compañía Novartis e o seu
nome era CHIROMAS. No momento da súa
paralización en Galiza ían postas 25.443 doses,
das que 4.804 correspondían a Lugo. A
inmobilización da mercancía debeuse á
“presencia anómala de partículas flotantes
blancas” nas xiringas precargadas de vacinas.
Non deixa de ser curioso, e preocupante,
que ningunha autoridade sanitaria saíra a dar
explicacións aos cidadáns e que esta grave
noticia pasara desapercibida como se o tema fose
banal, para algún medio de comunicación.
Diante deste situación, anómala e
preocupante, a PLATAFORMA pregúntase:


±

Que compromiso de calidade fixa a
Administración para a adquisición de vacinas?


±

Non é posíbel detectar problemas como
acontecido antes de iniciar a Campaña?


DEMANDAS DA PDSP DE LUGO


Pechamos este boletín resumo de 2012, ano
realmente infausto para a Sanidade Galega e
Estatal, coas seguintes esixencias e suxestións
dirixidas ao Sr. Presidente da Xunta e á Sra.
Conselleira de Sanidade:
1ª.- Abran xa as camas pechadas no HULA
2ª.- Activen programas e medidas para baixar e
reducir sensibelmente as dramáticas listas de
espera de consultas e de cirurxía.
3ª.- Cubran o 100% das prazas do persoal
sanitario e non sanitario que se xubila
obrigatoriamente aos 65 ou por calquera outra
razón..
4ª.- Poñan fin ás políticas de recortes,
desmantelamento e descapitalización do sistema
sanitario público. E deixen de utilizar o tema
sanitario para facer demagoxia política.
5ª.- E por último, explíquenlle aos cidadáns
como se gasta o diñeiro público en concertos con
empresas privadas, e, sobre todo, que razóns os
levan a ceder e entregar a empresas privadas
moitos servizos que se estaban ou están a prestar
na sanidade pública con tan reducidos custes
como excelente eficacia e calidade polo persoal
dos centros sanitarios, porque os custes
millonarios desas privatizacións non se poden
xustificar coa palabra AFORRO, porque son un
completo e total despilfarro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada