jueves, 20 de enero de 2011

Realidade da situación sanitaria en Lugo, según nota de prensa da Plataforma por a Defensa da Sanidade Pública de Lugo

A PDSP de Lugo saudou no mes de novembro, despois de tanto retraso, a apertura do novo hospital coa esperanza que supón para unha provincia como Lugo contar cun centro destas características, novo, e coa previsión de abrir os novos e imprescindíbeis servizos de Radioterapia, Hemodinámica e Medicina nuclear.

Pero despois de case 2 meses de funcionamento, observamos que, ben debido á necesidade de cumprir os prazos políticos marcados desde Santiago polo Presidente da Xunta, o Sr. Núñez Feijoo, para a súa inauguración e posta en funcionamento, ben debido á incapacidade dos propios directivos do Sergas en Lugo, os fallos son múltiples e, coma sempre, pacientes e traballadores do centro son os que verdadeiramente sufren as consecuencias do relaxamento inicial que levou aos apuros finais.

Na PDSP descoñocemos porque aínda hoxe non hai unha centraliña telefónica á que se poida chamar dende o exterior para que pacientes e familiares poidan facer preguntas e aclarar dúbidas relativas ao funcionamento e localización das consultas ou servizos.

Sorpréndenos, e preocúpanos, que na entrada principal so funcione a porta xiratoria, que, aparte de que ás veces se para, está a provocar continuos problemas a pacientes con mala visión e con dificultades de mobilidade.

Tamén nos preguntamos como, tendo sido organizadas tantas excursións previas que tiñan coma finalidade coñecer o novo hospital e detectar posíbeis fallos, os responsábeis do mesmo non foron quen de ver problemas coma os indicados e moitos outros que seguidamente citamos para a súa inmediata solución:

• Non hai cortinas de separación no ximnasio de rehabilitación.

• A piscina de rehabilitación non ten regulado o sistema de esterilización da auga.

• Frío e calor alternan por días, sen conseguir unha temperatura regular no edificio.

• Houbo que romper un muro e facer unha porta nova para instalar a resonancia no servicio de RX.

• Capítulo aparte merecen as consultas, moi pequenas, e coa sala de exploración preto da ventana, de tal forma que se non se baixan as persianas, os pacientes son vistos dende a sala de espera do pabellón contiguo (!). Isto obriga a traballar sempre con luz artificial, medida molesta e cara polo incremento do gasto enerxético.

• Os longos corredores empeoran a situación dos doentes de máis idade, que acostuman ter patoloxias de fondo e que teñen que camiñar distancias longas ata as consultas, téndose producido xa algún desvanecemento.

E hai outro tipo de deficiencias xa denunciadas polos propios pacientes relativas a cuñas, cafetería comida, etc.

As semanas pasan e os directivos do Sergas non son capaces de dar solución a estes problemas. Ao tempo, novos problemas están xa ás portas:

• É verdade que nas consultas de especialidades, onde os pacientes teñen que desvestirse (por exemplo: xinecoloxía, cirurxía,dermatoloxía, uroloxía, etc., é dicir, case todas) so vai estar presente a enfermeira no momento da exploración?

Se isto vai ser así, non so poderá haber problemas legais, senón que, se o médico vai estar so, o tempo de consulta será maior, co que disminuirá o número de doentes que poidan ser atendidos cada día, polo que aínda se alongarán máis as listas de espera.

• A supresión de persoal de enfermería e a de médicos de guardia en Medicina interna, son medidas do plan de austeridade anunciado polo Sr. Presidente?

Austeridade é redución do gasto supérfluo. Polo que é unha completa aberración considerar o aforro de persoal coma austeridade. A realidade é que baixo desa palabra agáchase unha agresión á calidade asistencial da Sanidade pública.

• Os problemas de transporte seguen. Nin a Xefa Territorial de Sanidade, nin o Sr. Xerente do Hospital se preocuparon nunca por estudar e establecer uns horarios de autobuses beneficiosos para os pacientes nin para os traballadores.

Os pacientes tiveron que cambiar repentinamente uns lugares de consulta máis accesibles, por céntricos, por outros moito máis alonxados, illados e sen transporte público axeitado. Dase o caso de que entre a 1.55 h da e as 3,15 h da tarde non hai ningún autobús de volta á cidade, ou sexa, á mediodia hai 1 h e 20 m sen transporte público, xusto cando se produce a saída de gran número de pacientes de todas as consultas.

Algo semellante acontece a primeira hora da mañá, xa que dende que as 7.30, hora na que sae diante da Casa sindical o autobús dos traballadores, non volve haber outro ata as 9 h da mañá, é dicir, 1 h e 30 m sen transporte. .

A maior abondamento, non se ten en conta que a través da estación de autobuses, chegan moitos pacientes dende os diferentes pobos e vilas da provincia, pacientes que teñen consultas a primeira hora, pero non autobuses ata as 9h.

A PDSP, ao tempoaos cidadáns destas carencias e problemas, denuncia a pouca preocupación por parte dos directivos do Sergas (Xefa Territorial e Director Xerente) por resolvelos e facilitar o achegamento ao novo hospital de pacientes e traballadores (foron os sindicatos os que se entrevistaron cos políticos para demandar o transporte dos traballadores).

E mentres todo isto está a acontecer, a Consellería de Sanidade, que dirixe Da. Pilar Farjas, está gastando miles e miles de euros de todos os galegos e galegas en custosísimas campañas publicitarias nas que se louban as bondades e marabillas tecnolóxicas do novo hospital, campañas coas que arteiramente Da. Pilar Farjas pretende agachar non só as deficiencias do centro, senón tamén a crecente privatización de servizos médicos públicos e mesmo de hospitais enteiros (caso do de VIGO).

Esiximos menos publicidade e máis recursos. Esiximos que os cartos que se despilfarran nesas innecesarias campañas de publicidade se gasten eficazmente na dotación de máis medios e persoal nos centros, e tamén na inmediata apertura dos servizos que faltan no novo hospital.

A PDSP seguirá reclamando para Lugo un Centro de Alta Resolución de Especialidades para que a atención sexa máis próxima ao cidadán, e tamén máis cómoda e accesible, xa que nesta provincia carecemos dun desenvolvemento viario e dun servizo de transporte axeitado ás necesidades da nosa poboación, moi envellecida e crecentemete dependente.

4 comentarios:

  1. E que podemos decir dos directivos do HULA, que a sua ineptitude chega a o punto do amiguismo, así a xente que foi trasladada dende a Diputación pra o SERGAS, a os que foron tamen directivos que nombrou Cacharro hay 20 anos, lles deron a escoller posto de traballo, sin culificación, experiencia, pericia nin nada, asi incluso meteron na comisión de docencia a xente que non ten nin o grado en mediciña, e a outros os teñen de "vacacios pagadas" e non lles asiñaron posto de traballo, e precisamente a os mais queridos e cualificados po la xente.

    ResponderEliminar
  2. Tiene razón el del anterior comentario, asi el que fue último director de San José, Angel López Rodríguez, que coloco a su esposa, a la mujer de su lugarteniente, el anestesiologo, jesus alvarez, este junto al sr. López, nombraron comisiones, formaron parte de tribunales de opsición, etc, entre ellos entretejerion todo sin dar igualdad de oportunidades a nadie, sólo a los suyos, y ademas carecen de toda cualificación que no sea sus nombramientos a dedo, esto es los cualificó Cacharro Pardo.

    ResponderEliminar
  3. Tamen e certo que ises directivos incompetentes do sergas e que fan o que lle ven en gana, estan a tentar as concesios que se fan no entorno do hospital, hay que decatarse que e zona desertica e sin servicios, e todas as concesions que se fan, do bar, do aparcamento, do do chiringo, etc, pasan polo arco do triunfo dos directivos, felix ruibal e o que xa e o colmo, o sr Antonio Fernandez, iste fulano e subdirector de ciruxia, e "corta moito bacallao", din d il que hasta o xerente foi nomeado por iste home, din tamen que posee empresas con tal tinglado, que nin a propia facenda e capaz de desentrañar si a concesión da cafeteria, guardería, etc, peteñecen a alguna das suas empresas enmarañadas Rogarialle a calqueira que coñeza datos sobre iste subdirector o pubrique, xa que e o sr. X. na sombra.

    ResponderEliminar
  4. ¿E qué pasa co Hospital de Calde?

    ResponderEliminar