martes, 25 de enero de 2011

Boletín nº 0 - Da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública. LUGO

PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA. LUGO
Boletín Informativo Nº 0
Na derradeira reunión da mesa permanente da PDSP acordamos elaborar un boletín informativo de noticias, para darlle difusión entre os nosos socios, por tanto puxémonos a elo e ante a apertura do novo hospital, preséntasenos unha avalancha de noticias que creemos sería necesario darlle a maior difusión posible entre os cidadáns para contrarrestar o exceso de publicidade que realiza a Consellería de Sanidade cos cartos de tódolos/as galegos/as; publicidade por outra parte enganosa dende o noso punto de vista e que ten fácil comprobación, non temos máis que cotexar os feitos e a información dada pola Consellería.

Descoñecemos de momento a periodicidade do boletín (queremos que sexa a lo menos bimensual) aínda que todo dependerá do tempo do que dispoñamos e das noticias que vaian aparecendo, ademais os invitamos a colaborar, enviando o correo da Plataforma todo aquilo que creades conveniente para a Defensa da Sanidade pública...

Abrimos o Nº 0 cunha chamada de atención o DOG (Diario Oficial de Galicia) do xoves 13 de xaneiro 2011.
Nº de DOG; 8
Páx. do DOG: 804
Data de disposición: 13 de decembro de 2010
Sección VI. Anuncios da Administración Autonómica
Organismo. Servizo Galego de Saúde
Rango: Resolución
Título: Resolución de 3 de decembro de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, polo que se anuncia a adxudicación definitiva do servizo de lavandería para o Hospital Lucus Augusti en Lugo ABCHX1 – 10 – 013
Adxudicación a Fundosa lavanderías Industriales S.A.U. (CIF: A79475729)
Importe del canon de adxudicación. Neto: 258.000 €
IVA (18%): 46.440 €
Importe total: 304.440 €
Este proceso de adxudicación o que a Consellería de Sanidade (que dirixe Dona Pilar Farjas) chama externalización de servizos, unha faceta da “nova xestión pública” sen que elo inflúaa para que a sanidade deixe de ser un servizo público.
A este feito debemos facer unha serie de consideracións:
1.- Non existe unha “nova xestión pública” polo contrario a externalización de servizos públicos ven da escola de políticas neoliberales que se foron implantando no mundo desenrolado nos últimos 20 anos, a través de institucións como OMC (Organización Mundial del Comercio), BM (Banco Mundial e FMI (Fondo Monetario Internacional).
2.- O proceso privatizador vaise concretando en pequenos pasos:
• Externalizacións, que encubre a derivación a empresas privadas de un número crecente de servizos: Informática, cocina, lavandería, probas diagnósticas, etc....
O propósito fundamental é a expansión das políticas neoliberales, o establecemento do libre comercio e a entrada do libre mercado nos servizos públicos. Como consecuencia os servizos sanitarios pasarían a ser explotados por EMPRESAS PRIVADAS como calquera outro produto do mercado, poñendo por diante da calidade a obtención de beneficios económicos, En definitiva, o que se pretende é implantar un sistema onde practicamente a atención sanitaria esteña en mans privadas.
A actual situación de crises parece relanzar de novo o proceso de privatización. Os servizos públicos resultan ser un lucrativo nicho de negocio fronte os minguantes beneficios económicos de outros sectores. La crises nos plantexa así un reto cada vez mais acúcante para a maioría da poboación.
¿Quedarémonos de brazos cruzados mentres unhas poucas empresas enriquécense a costa dun ben que é de todos: O Sistema Público Sanitario esencial para garantir algo tan importante como a saúde?.
Debemos engadir neste boletín outro chamamento a tódolos galegos/as xa que a partires do 23 /12 /2010 parece ser que nos convertemos en arrendadores , xa que puxemos en aluguer seis locais situados na planta principal e na planta inferior, con un canon mínimo / anual de 5.000 € para os da planta principal e para os da planta inferior: canon minimo / anual 4.000 € . IVA ( %) exento

DOG (Diario Oficial de Galicia) do 14 de xaneiro 2011.
Nº de DOG: 9
Páx. do DOG: 852 é 853
Data de disposición: 22 é 23 de decembro de 2010
Sección VI. Anuncios da Administración Autonómica
Organismo. Servizo Galego de Saúde
Rango: Resolución
Título: Resolución de 22 é 23 de decembro de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, polo que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria do outorgamento da concesión de ocupación de dominio público a cambio de canon dun local no HLA (Hospital Lucus Augusti) para a explotación dunha oficina bancaria e de un caixeiro automático AB-CHX1–10–028 no caso da resolución 22 de decembro de 2010 e de 5 locais no mesmo Hospital para a explotación comercial dos mesmos AB-CH1-10-019 no caso da resolución do 23 de decembro.....
Supoñemos que poderemos decidir chegado o momento como utilizar o diñeiro de eses canon,,,,
Obviamos a U que se reflexa en tódalas noticias referentes o Hospital xa que de momento o Hospital Lucus Augusti non é Universitario polo que de momento non terá alumnos de medicina para su formación como o resto dos hospitais galegos.

1 comentario:

  1. E que podemos decir dos directivos do HULA, que a sua ineptitude chega a o punto do amiguismo, así a xente que foi trasladada dende a Diputación pra o SERGAS, a os que foron tamen directivos que nombrou Cacharro hay 20 anos, lles deron a escoller posto de traballo, sin culificación, experiencia, pericia nin nada, asi incluso meteron na comisión de docencia a xente que non ten nin o grado en mediciña, e a outros os teñen de "vacacios pagadas" e non lles asiñaron posto de traballo, e precisamente a os mais queridos e cualificados po la xente.

    ResponderEliminar