lunes, 12 de diciembre de 2011

Boletín nº 3 da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo

PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE LUGO.
Boletin Nº 3 Diciembre 2011

No boletin informativo nº 2 da plataforma dabamos conta dos recortes que na sanidade se estaban a facer dende a Consellería, un deles significaba a eliminación da mísera compensación económica por consumo de auga e electricidade (14,46 € mensuais) aos enfermos pulmonares e de EPOC (enfermidade obstructiva crónica) que necesitan recibir un tratamento de osixenoterapia no seu domicilio, ademais, observabamos con asombro como a Conselleira de Sanidade,a Sra. Farjas presentaba no Parlamento Galego o Plan de Prioridades de Saúde de Galicia 2011-2014 no que identificaba coma prioridade na área de saúde a EPOC, mais aínda así suprimían as míseras axudas a estes enfermos.
Para a nosa sorpresa, tal agresión tivo en Galicia unha escasa ou nula repercusión mediática (supoñiamos se debía a que estos pacentes pertencen na súa maioría aos grupos máis desfavorecidos e con menos posibilidades de reclamación coma enfermos crónicos ou anciáns con pensións ridiculas). Pero os mesmos medios que silenciaban os recortes en Galicia, ocúpanse dos que se fan noutras Comunidades. Mais, o noso asombro volveuse incredulidade cando lemos en El Progreso (31-X-2011) un artigo da sección Galicia onde o subdirector Xeral de Asistencia e Planificación Sanitaria Sr. Facio declaraba que el Sergas gastaba 11 millóns de € anuais nos enfermos de EPOC, no citado gasto incluía a medicación (aerosois e outros tratamentos), a axuda de auga e electricidade e a fisioterapia respiratoria (descoñecemento da resolución?, información interesada?, mentira?)
Unha nova externalización/privatización de servizos acaba de producirse, no D.O.G (Diario Oficial de Galicia) do pasado 11 de novembro do 2011 aparece a resolución da Xerencia do Servizo Galego de Saúde pola que se fai pública a formalización do procedemento aberto para a prestación de servicios de fisioterapia respiratoria os doentes beneficiarios da Seguridade Social protexidos polo Servizo Galego de Saúde na provincia de Lugo (norte-Burela, centro-Lugo, Sur- Monforte) por un importe de 1.543.590 € (un millón cincocentos corenta e tres mil cincocentos noventa euros).
Sen dúbida, privatización coma esta é o que a Sra. Farjas chama colaboración público-privada, cínico e mendaz eufemismo de paulatino desmantelamiento e privatización da sanidade pública.
Volvemos o D.G.O, xá que o pasado 8 de novembro foi publicado o decreto 209/2011 de 27 de outubro no que se establecen as taxas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, no citado decreto añadeselle unha disposición adicional que nos augura tempos peores para a sanidade pública galega, xa que dí que –“poderá establecerse un procedemento para repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por estos como consecuencia dun uso irresponsable dos servizos sanitarios”- Como cabía agardar, tanto a Sra. Farjas (Conselleira) coma a Sra, Mosquera (Secretaria Xeral da Consellería) e incluso o Presidente da Xunta Sr. Feijoo en posteriores declaracións aseguran que a norma está sin desenvolver e que en ningún caso levará consigo a introducción do copago no sistema galego de saúde.
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo esixiu xa (nota de prensa recollida pola Voz de Galicia, 4-XI-2011) a retirada inmediata (por innecesaria e arbitraria) da citada disposición. A Plataforma rexeita todo tipo de barreiras económicas para o acceso os servizos sanitarios, sobre todo en períodos de crise económica xa que estes períodos están intimamente ligados a un empeoramento dos niveis de saúde da población, especialmente dos mais pobres e vulnerables co consiguiente aumento da demanda asistencial e por tanto unha maior necesidade dun servizo sanitario público, universal e de calidade.
Obviamente a Plataforma non está de acordo co uso irresponsable de ningún servizo nin público nin privado, sanitario nin non sanitario, xa que “uso irrespònsable” sería contrario a legalidade; dende a Plataforma condenamos a malversación, soborno e/ou calquera outra inmoralidade na xestión dos servizos públicos, polo que queremos recordarlle a Sra. Conselleira que a plataforma non ten responsabilidade de xestionar ningún servizo público, peri si ten a responsabilidade de defendelo, a nosa trayectoria de anos en defensa da sanidade pública aválanos, polo que lle esiximos a Sra. Farjas respeto a pensar diferente e en calquer caso a contrarestar as nosas informacións con datos e non con descalificacións.
Recordamoslle tamén que a ley 8/2008 de 10 de xullo, de Saúde de Galicia ( que supoñemos coñecen perfectamente os asesores xurídicos que a Sra. Farjas cita para dar maior legalidade a disposición da que falamos) regula,define e garante os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía galega, así como regula as sancións que se aplicacrían en función de fraude e prexuízos causados, etc.
Si facemos unha suma do importe dalgunhas adxudicacións de servizos que realizou a Consellería no último ano temos:
304.440 € a Fundosa Lavanderías Industriales (domicilio polígono do Tambre, Santiago de Compostela)
444.000 € Transporte de roupa dende o Hospital de Lugo (HULA) a Lavandería do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC), domicilio no polígono da Grela, A Coruña)
9.953.932,33 € servizo de limpieza do HULA
1.543.590 € Servizo de Fisioterapia, Logopedia e Fisioterapia respiratória (Fisioterapia Lugo, S.L).
TOTAL*12.245.962,33 € (uns dous mil millóns das antigas pesetas, no último ano e só na província de Lugo)
*Todas estas cifras son verificables nos diferentes D.O.G.
Hai privatizacións que superan o minimamente comprensible e que mesmo rozan o estrambótico, a Consellería concédelle os servicios de lavado da roupa do HULA a Fundosa Lavanderías Industriales, de Santiago de Compostela (304.440 euros); pero contrata o traslado desa roupa o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC)(444.000 euros). En que quedamos, a roupa do Hula lávase en Santiago ou en A Coruña?. O xornal dixital La Voz de Galicia.es (26-VII-2011) acláranolo no artigo titulado “ La Superlavandería Coruñesa “ lemos que CHUAC estrena tunel de lavado e que ese túnel asume a roupa do hospital de Lugo . Clarisimo, a empresa está en Santiago pero a roupa ávase na Coruña (¡?)
Temos que recordar que estamos rematando o ano e o Hospital de Lugo segue sen os servizos de Hemodinamica, Radioterapia e Medicina Nuclear que dende a Consellería prometeron que entrarían en funcionamento no primeiro semestre do ano 2011, e que moito nos tememos que non poderemos disfrutar deles nun moi longo prazo, non están presupostados, licitados, nin pedidos os permisos (onde corresponde) para a instalación do aparataxe necesario no servicio de Radioterapia e Medicina Nuclear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario