2011. A SANIDADE EN LUGO
A mesa permanente da Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Lugo (PDSP) na súa derradeira reunión do ano 2011 acordou facer un resumo do que representou na nosa provincia iste ano para a sanidade pública; ainda que xa a información dada nos boletins elaborados pola plataforma o largo do ano constitue un seguimento paso a paso, pensamos os membros da mesa que unha ollada hacia atras nos pode situar ante o que xa temos eiqui.
Recortes anunciados e executados, que sin embargo non parecen contar para a Consellería de Sanidade cando se trata de publicar nun periódico local, o propagandistico articulo do primer ano de vida do Hospital Lucus Augusti (HULA). O triunfalista aniversario da inaguración e a súa posta en funcionamento é o noso punto de partida para analizar a realidade sanitaria que existe detrás de ista pantalla tan luminosa.
1º_ Seguen vacios e en franco proceso de deterioro os edificios deixados baleiros a raiz do traslado do HULA, antigo Xeral-Calde, materno infantil e antiga escola de enfermeria; seguen a esperar os veciños do barrio da residencia que fixeron movilizacions esixindo que se lles de uso a istes edificios, que son de todos os lucenses e que deben ser utilizados para servicios sanitarios; xa que en plena crise o Sergas ten alugados locais por os que paga a pesares de ter vacios istes espacios; e ademais infrautilizado o centro de Especialidades. Sobor de iste tema os veciños recibiron istes dias a promesa dos politicos da Xunta, de que foran destinados 1.500.000 euros dos orzamentos da Xunta para reformas do vello hospital, para acoller diversos servizos sanitarios; do laboratorio de Saúde Pública non se dí nada. Esperaremos vixiantes a ver si ista promesa non queda soo en palabras.
2º_ despois do primer aniversario da apertura do HULA as listas de espera seguen aumentando, a pesares dos maquillamentos utilizados por a Consellería de Sanidade e da política de citar en moitas consultas de especialidades un gran número de pacientes, o que contribue a merma da calidade da asistencia e a conseguinte sobrecarga que supón para o facultativo especialista traballar nesas condicions.
Segue sendo reivindicación da plataforma esixir un CAR (Centro de Alta Resolución) para Lugo, no casco urban, isto facilitaría o acceso os especialistas e se rebaixarian as listas de espera, xa que nos CAR o 90% das consultas e probas diagnosticas resolvense no mesmo día.
3º_ O peche de camas e consultas na época estival, así como a non sustitución de especialistas soo contribuiu ao aumento nas listas de espera e en deteriorar a asistencia. Os cambios de cita en épocas de vacacions son practica habitual e xa, por reiterativa, aceptada mansamente por os usuarios, sen embargo supon un grave problema cando se tarta de detectar patoloxia ou atender outras preexistentes, co que se vai alongando o tempo de espera e existe o risco permanente de que se realicen tarde diagnosticos de gravidade. Temos coñecemento de postoperatorios, que despois de ser dados de alta, non evolucionan correctamente e se encontran sin a posibilidade de acudir a consulta do especialista correspondiente porque ista foi anulada por vacacions de Nadal, sin ofrecerlle outra data, quedando o paciente abandoado sen outra alternativa que acudir a urxencias, de onde xeneralmente volve a ser remitido ó especialista correspondente.
4º_ Existen misteriosamente pechadas camas no HULA, pero desvianse intervencions de traumatoloxia e outras a un centro de concertados en Lugo, biopsias e outras probas a Coruña e os pacientes en listas de espera quirurxica seguen esperando meses para operarse, ¿ Como se pode explicar isto?, gostarianos que anterior ou a nova Conselleíra no lo explicaran.
5º_ Os servicios de Hemodinámica, Radioterapia e Mediciña Nuclear seguen sin ser abertos, ¡E xa va mais de un ano!, os pacientes lucenses teñen que seguir desplazandose a outras provincias para recibir prestacions a pesares de que istes servizos estaban previstos para o novo hospital.
6º_ O risco presente de que se cee en Lugo un área única provincial, repercute negativamente nos usuarios de Burela e Monforte, por o que isto pode supoñer de recorte de prestacions en Burela e Monforte, e o colapso da asistencia en Lugo.
ORZAMENTOS 2011
1º_ Os orzamentos para Lugo no capitulo de persoal foron os mesmos que os do 2010, o prometido incremento de persoal foi reducindose progresivamente e de 400 plazas en enfermeria pasaron a publicitar 169 e de eiqui a realidade que é exclusivamente o persoal que aportaron os outros centros.
2º_ En canto os orzamentos en infraestructuras podemos ver que para hospitalización se destinaron 2.250.000 euros e para os centros de saúde da provincia cantidades irrisorias que parecen suficientes para o inicio da tramitación de modelos de finanzamento público-privado. Foi confirmado por a propia Conselleíra que de 22 centros de saúde que se construiran o longo de iste ano, 19 de eles seran según o modelo de pago aprazado.
CONCURSOS DOG ( Diário Oficial de Galicia )
A mesa permanente da PDSP fixo durante o ano 2011 un riguroso seguimento do DOG co obxecto de informar dos concurso adxudicados a empresas privadas, de diferentes servicios para o HULA e atopamonos con varias curiosidades.
1º_ Adxudicación da lavanderia (DOG do xoves 13/01/2011) a FUNDOSA LAVANDERIAS por un importe total de 304.000 euros. O grupo Fundosa é unha dividión empresarial creada pola fundación ONCE con empresas en todo o territorio español; en Galicia é FLISA SANTIAGO, poligono industrial do Tambre, Via Pasteur 17, 15890 Santiago de Compostela.
2º_ Adxudicación do servizo de transporte de roupa do HULA (Lugo) e os seus centros dependentes ata a LAVANDERIA DO CHUAC (Coruña), (DOG do día 23/03/2011), por un valor de 440.000 euros.
O xornal dixital La Voz de Galicia.es (26/07/2011) informa no artigo titulado " La Superlavanderia Coruñesa": dí, o CHUAC estrena túnel de lavado e o citado túnel asume a roupa do HULA.
Preguntamonos que foi en realidade o que se adxudicou a Fundosa Lavanderias, a roupa lavase en Coruña (Polígono da Grela), o transporte é a Coruña, e á adxudicación e a unha empresa con sede en Santiago ???????
3º_ O día 15/03/2011 publicase no DOG a foarmalización do servico de limpeza do hospital por un importe de 9.953.932,32 euros (case 10 millons de euros).
4º_ No DOG do 11/11/2011 aparece a resolución da Xerencia do Servicio Galego de Saúde pola que se fai pública a foarmalización do procedemento para a prestacion de servicios de Fisioterapia, Logopedia e Fisioterapia Respiratoria a os pacientes beneficiarios da S.S na provincia de Lugo (norte-Burela, centro-Lugo, sur-Monforte) por un importe de 1.543.590 euros.
5º_ Descoñocemos o sistema de contratacion utilizado para as maquinas de quendas de consultas externas; e tamen para o servicio de mantenemento do HULA, polo que non sabemos que cantidades se pagaron por eses servizos, pero a ben seguro non foron pequenas, e seguimos a pagar servizos privados cos cartos de todos.
6º_ E por último e según noticia aparecida no periodico El Progreso con data 28/11/2011, onde dí que según reflexa os presupostos da >Dirección Provincial do Sergas en Lugo, a partida destinada a conciertos públicos con entidades privadas será no 2012 de 11.713.430 euros.
Istes fondos son para conciertos de Atención Especializada con empresas privadas da provincia e de outros puntos de Galicia, dende operacions hasta tratamentos de fertilidade. Nesta mesma noticia aparece que o HULA asume 3,4 millons de euros dos que 2,1 seran para terapia respiratoria e o resto 1,3 millons para probas de pacientes dos sistema sanitario público realizadas en centros privados, así para Resonancia Magnetica e Mediciña Nuclear reservanse 700.000 euros, para TAC 450.000 euros e o resto para outros servizos especiais.
Si facemos a suma de todas istas concertacions:
Lavandería ....................................................... 304.400 euros
Transporte ...................................................... 440.000 "
Limpeza .......................................................... 9.953.932,32 "
Fisioterapia e Logopedia ................................... 1.543.590 "
Concertos con empresas privadas ..................... 11.713.430 "
Concertos que asume o HULA .......................... 3.400.000"
______________________________________________
TOTAL ...................................................... 27.355.352 euros
Catro mil trescentos vinte millons das antigas pesetas, isto soo en Lugo, ¿Qué pasa noutras parovincias galegas de moitos mais habitantes?, ¿Canto empleo público se podería crear con istes cartos?, ¿Como en época de grave crise se pagan istos diñeiros a empresas privadas e suprimese no hospital lavandería e mantenemento que podería dar emprego a moitos lucenses?, non se pagan sustitucions, non se ocupan todas as camas e se pagan miles de millons a empresas privadas nesta pequena provincia?
ATENCIÓN PRIMARIA
En canto a Atención Primaria, a suspensión do Plan de Mellora da Atención Primaria supuxo para Lugo:
1º_ Unha perda de postos de traballo que non se consolidaron no ano 2009, e un número indeterminado de plazas que deixaron de crearse e como consecuencia perda de servizos e de capacidade resolutiva na Atención Primaria.
2º_ A última actuación da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, a maiores de aforrar en calefacción en algúns Centros de Saúde, foi cerrar axendas en ausencia do médico de cabeceira por vacacions, baixa por infermidade ó que xenerou caos e ademais conculca os dereitos a atención sanitaria dos doentes.
3º_ No 2011 pechouse o Centro de Saúde de Oural e suprimiuse unha ambulancia en Foz; non se renovou o concerto que existía coa Universidade de Santiago de Compostela para Odontoloxia e que cubria a atención odontoloxica a nenos e persoas maiores con discapacidade ou que presentaban outro tipo de problemas.
4º_ En canto a nova modalidade de citación telefónica para os centros de saúde, non parece que sexa a mais adecuada para o noso medio xa que é un sistema no que hai que seguir nove pasos, esto con sorte, xa que debido as variedades linguisticas según a zona xeografica, pode pasar que o sistema non recoñezca o idioma e haxa que voltar a comenzar de novo.
Iste sistema non respeta os nosos maiores, acostumbrados ata agora a un trato mais directo e ademais pouco acostumbrados a istes medios tan automatizados. Ë unha maneira mais de restrinxir o acceso o sistema sanitario, iste é a porta de entrada o sistema sanitario, debería cando menos ser mimado e axeitado as características da nosa poboación e da nosa xeografía, (poboación envellecida e en ocasions tamen unha coberturs telefónica deficiente según zonas)
5º_ Por outra banda é chamativo que o Sergas parece haberse olvidado das disposicions da Xunta de Galicia sobor da língua, xa que o folleto explicativo das normas a seguir para concertar unha cita nos centros de saúde ten once puntos explicados en perfecto castelán.
AXUDAS RETIRADAS
No DOG do 16/11/2010, por orden do 4/11/2010 quedou anulada a compensación económica polo consumo de auga e electrecidade que se aboaba hasta a fecha os doentes que recibian nos seus domicilios osixenoterapia con concentrador, (doentes pulmonares, EPOC).
Eran en galicia unos 1500 usuarios os que recibian ista compensación que supoñia unhos 173,32 euros por persoa e ano.
A anterior Conselleíra Sra. Farjas presentou no Parlamento de Galicia o 14 de Xunio de 2011 o Plan de Prioridades Sanitarias e neste Plan se inclue a EPOC en sexto luar, por diante dos cancros de colon e de mama fimininos.
INCIDENTES
1º_ Dende o principio da apertura do HULA a Plataforma pola Defensa da sanidade Pública de Lugo denunciou o perigo de accidentes na porta xiratoria e nas escaleiras mecánicas correndo o risco de que se nos tachara de alarmistas, pasado o primeiro ano, o tempo demostrou que tñamos razón, houbo problemas na porta, e accidentes nas escaleiras, de maior ou menor importancia e que remataron co falecemento dun paciente por as consecuencias derivadas de unha caida por as mesmas, feito que esta denunciado neste momento pola familia do falecido.
2º_ Tamén nas portas dos cartos de baño das habitacions se produxeron accidentes nas mans, tanto de pacientes coma en traballadores e hai unha denuncia de unha paciente a que se lle tuvo que suturar o mentón e a man por un traumatismo producido o salir do cuarto de baño e abrir o mesmo tempo a porta da habitación. A pesares de isto as portas seguen sen ser arranxadas.
3º_ Así mesmo tampouco se tomaron medidas do tipo de indicaar mellor os ascensores ou vixiara que a xente de idade ou con problemas de movilidade non suba ou baixe por as escaleiras mecánicas.
4º_ Noutro orden de cousas produciuse unha rotura de tuberias que afectou a 4ª planta, caendo auga en cantidades moi importantes dende o teiro, estando a piques de ter qye suspender as consultas, e que parece dificilmente explicable nun hospital recien estreado.
CONCLUSIONS
1º_ No Hula seguiuse un rápido proceso de privatización de servizos (lempeza, mantenemento; vixiantes xurados; máquinas de quendas, lavandería) e o seguinte paso (senon poñemos freno os cidadans) será a compra por parte do sector público de servizos sanitarios (diagnosticos e tratamentos), que serán pagados con cartos públicos.
A privatización da alta tecnoloxia supon un perigo claro para a apertura dos servizos de Radioterapia e Mediciña Nuclear como servizos públicos, engadindose o intento constante de ocultar a data real na que esta prevista a apertura.
2º_ A importantisima cantidade de cartos públicos pagada polo Sergas o sector privado por os servicios públicos, parece cando menos obscena nestes tempos de crise (non se sustitue, non se crean prazas, se cerran consultas de especialidades en vacacions, se cerran axendas en Atención Primaria).
¿Cantos empregos Públicos se crearian con istas cantidades de diñeiro?
¿É ista a austeridade da que nos falan?
¿Tratase de adelgazar o sistema público e engoradar o privado?
3º_ A repercusión de todas as medidas " TEORICAS" de disminución do gasto afectan directamente a calidade da asistencia sanitaria.
As listas de espera non baixan senon que se alongan cada vez mais a pesares das maniobras por parte dos directivos de ocultalas, dicindo a os pacientes que xa os chamaran ou obrigando a acudir persoalmente a pedir cita en algunas especialidades, realizando valoracions a os volantes expedidos por os médicos de cabeceira.
4º_ A capacidade resolutiva da Atención Primaria, está claramente mermada por actuacions de iste tipo e por a supresión do Plan Mellora da Atención Primaria, que incluía entre os seus obxetivos a toma de citoloxias e a realización de ciruxia menor, co que a atención se axilizaba e disminuian as listas de espera.
Soamente a actuación decididamente en contra, por parte dos cidadans lucense, podera parar esta deriva privatizadora dos servizos sanitarios, que ademais leva a unha fragmentación dos servizos sanitarios, a unha disminución da calidade asistencial e a unha precarización do emprego público.
5º_ Os lucences temos direito:
_ Unha Sanidade Pública de calidade (á pagamos cos nosos tributos).
_ A que non se pechen consultas, nin en primaria nin en especializada.
_ A que cos nosos impostos se cree emprego públic, e non que se destruia e se
amorticen prazas de todas as categorias.
_ A unha información clara e inteligible sobor dos servizos e empresas privadas que
se contratan e porqué.
_ E por riba de todo temos direito a unha asistencia sanitaria sin imposibles listas de
epera, polo tanto a unha asistencia de calidade.
Mostrando entradas con la etiqueta LISTAS DE ESPERA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LISTAS DE ESPERA. Mostrar todas las entradas
martes, 31 de enero de 2012
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Boletín Informativo nº 2 da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo
A plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo quere recordarlle que con data de xunio do presente ano, remitiuse a todala prensa o Boletin Informativo Nº 2 da Plataforma (que tamén adxuntase nesta ocasión) onde informabase que dende primeiros de ano, e que por orden do 4 de novembro do 2010 (DOG do 16-11-2010) a Conselleria de Sanidade non comtempla no seu articulado a compensación económica polo consumo de auga e electricidade que se aboaba ata a fecha a os pacientes con osixenoterapia (14,46 euros mensuais) razón pola que se deixaba de aboar a citada cantidade a partir do día seguinte a súa publicación.
Isto como pode comprobar desminte as informacións que se fan na sección GALICIA do periodico EL PROGRESO do día 31 de outubre de 2011, sobor os 11 millons de euros que a administración gasta ao ano nestes enfermos, ademais todo articulo que supoñemos é remitido pola Consellería e inexacto,por un lado fan as contas de axudas que xa non dan,e por outro contabilizan os tratamentos con aerosoles (farmacos por via inhalatoria), gastos que por outra banda tamén son contabilizados como gasto farmaceutico...............coas contas da Consellería,que parecense moito as contas do Gran Capitan é moi normal que a Sra. Farjas diga que necesita da cooperación público-privada para facer sostenible o Sitema de Salud Galego, o peor de todo isto é que entre as mentiras da Consellería e o pouco rigor a hora de informar e moi posibel que entre todos fagamos o sistema insostenible...........Saúdos
Mesa Permanente
Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública
BOLETIN INFORMATIVO nº 2
OS “AFORROS” DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
Nos primeiros meses do ano, arredor duns 1.500 usuarios da sanidade pública galega (doentes que reciben un tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentrador, doentes pulmonares, EPOC) recibiron nos seus domicilios unha circular firmada polo Secretario Provincial do Sergas, o Sr. J. Ramón Fernández González (á su vez Director Provincial do Sergas, en funcions), na que se lles comunicaba que a orden do 4 de novembro do 2010 (DOG do 16-11-2010), da Consellería de Sanidade da Xunta de Galícia, non comtempla no seu articulado a compensación económica polo consumo de auga e electricidade que se aboaba ata a fecha ós citados doentes e que ascencia a 14,46 euros mensuais , (173,72 euros anuais) razón pola que se deixará de aboar a citada cantidade a partir do dia seguinte a súa publicación
Esta medida, demostra que en Galicia os plans de contención do gasto empezaron hai xa algún tempo dunha forma calada e sen a penas repercusión mediática: ¿quén se vai preocupar de 1500 doentes en Galícia, posiblemente alonxados entre si, sen posiblidade de protestar, enfermos crónicos, ancians con pensions ridículas....? Os médios téñenos ó tanto dos recotes que se queren poñer en marcha en Cataluña, pero, sospeitosamente dos que o PP está a impor en Galicia non falan, e levamos xá dous anos e médio sufrindo fortes recortes, a saber:
• Paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria .
• Non renovación dos contratos os traballadores hospitalarios.
• Intento de supresión de gardas de presenza fisica de Radioloxía no Hospital Comarcal de Monforte, supresión paralizada momentáneamente debido á contestación cidadán nese municipio, auspiciada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Monforte.
Dende o minuto un da súa toma de posesión, a Conselleira de Sanidade, Dna Pilar Farjas, calada pero moi eficazmente , e contando co silencio dos medios de comunicación (pecado oculto, pecado perdoado) está a aplicar sucesivos recortes. Dous ejemplos dan testemuño das súas malas artes:
•No verán do 2009 “reorganiza” a actividade de tarde nos hospitais. Consecuencia: no primeiro ano de aplicación fixéronse case 7000 ciruxias menos.
• A xestión das listas de espera por prioridade clínica traduciuse no incremento de nove dias no tempo médio de espera.
Por outra parte, o pasado 14 de xuño de 2011, a Conselleira presentou no Parlamento de Galicia o Plan de Prioridades Sanitárias 2011-2014, cuxa primeira frase é ademais de incongruente, a terrible premonición da desfeita que ven en camiño: “calidade é só facer o correcto, correctamente a tempo e a satisfacción do cidadán”. Cando a Sra. Conselleira dí “correctamente a tempo” supoñemos que se referirá aos sete mese que ten que esperar un doente de Traumatoloxia para ser visto pólo médico despois de pedir a cita cun volante preferente...Non obstante, o mais rechamante é que no citado Plan se identifique como prioridade na área de saúde a EPOC, en sexto lugar e por diante dos cancros de colon e de mama fimininos, ¿Como é posible que, sendo unha prioridade de saúde ( EPOC ) se lle eliminen as escasas axudas a istes doentes?. O tempo que dedicaron os técnicos en Saúde Pública en preparar este documento que a Sra. Farjas presentou no Parlamento dunha forma tan novidosa, ten un custo moi superior ao da escasas axudas que se suprimen.
Os Plans anteriores se paralizan como explicabamos ao inicio desde boletin, cós conseguintes problemas que carrexan estas decisións nos cidadans cada vez mais desprotexidos.
A mayor abondamento, asistimos diariamente a preocupantes e chamativas noticias sobre o estado da Sanidade galega e española, noticias que teñen a misión de alarmar á cidadania e, ao tempo, ir creando un clima de preocupación e medo para que a poboación acepte submisamente os recortes que xá se están a impor e outros que virán. Ocultan, cínica e perversamente, que toda esa campaña ten un único obxetivo: privatizar todos os servizos da sanidade pública, inmenso pastel económico que as empresas privadas queren controlar para enriquecerse ainda mais a costa da calidade dos servizos que logo prestarán. Isto xá aconteceu en outros países, e así lles vai. ¿Que nos agarda a nós?.
Como xá denunciamos en anteriores boletins, a Xunta de Galicia entregou a varias empresas privadas a xestión e explotación de moitos dos servizos do HLA (Hospital Lucus Augusti) : informática, lavanderia, recollida da roupa e o seu traslado, arquivo de historias clinicas, servizos de limpeza, aparcamentos, explotación de máquinas expendedoras de café e refrescos; e tamén locais de librería, perruquería, florería, etc. A entrada do hospital parecese cada dia mais a um centro comercial.
A Plataforma esixe o fin desta sangría privatizadora e destas perversas campañas de medo. E, ao tempo, demanda un debate serio e razoado sobre a sostenibilidade do sistema sanitário con todos os actores/sectores integrantes do mesmo: expertos, xestores, doentes, asociacións, profesionais etc.......A revista da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública –SALUD 2000–, publica un articulo sobor a sostenibilidade do sistema sanitário público, que está a disposición de todos aqueles co desexen na paxina web WWW.fadsp.org
viernes, 20 de mayo de 2011
Manifesto da Asamblea da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Lugo
MANIFESTO DA ASEMBLEA DA PDSP celebrada o día 10 de maio de 2011 no salón de actos da Deputación lucense.
Os asistentes á asemblea da PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA acordaron por unanimidade elaborar un manifesto sobre A SANIDADE LUCENSE NO MOMENTO ACTUAL para ser presentado na Delegación da Xunta na nosa cidade á Sra. Dña. Raquel Arias. Tamén será entregado ós representantes dos partidos politicos.
Os asistentes á asemblea constatamos de que dende a apertura do novo hospital (HLA) na capital lucense NON SE APRECIOU A ESPERADA (e anunciada e repetida) MELLORA NA ATENCIÓN SANITARIA ÓS CIDADANS LUCENSES. Ao contrario, A SITUACIÓN SANITARIA EMPEOROU CONSIDERABELMENTE.
AS LISTAS DE ESPERA, non só NON SE REDUCIRON, senón que AUMENTARON ESCANDALOSAMENTE. Nalgunhas especialidades coma Cirurxía Vascular ou Xinecoloxía dan cita para dentro dun ano; e noutras, coma probas diagnósticas (colonoscopias), xa nen dan citas (os pacientes serán avisados no futuro).
En ATENCION PRIMARIA foi PARALIZADO O PLAN DE MELLORA, que incluía o plan de atención á muller, que tamén se abandonou a pesars de que este plan xerara grandes avances (citoloxías nos centro de saude, atención ó embrazo, anticoncepción, etc).
En canto á ATENCIÓN Á MULLER é incrible o ABANDONO QUE SUFRE O COF na nosa cidade: só ten 1 xinecologo, con ausencias habituais, e o SERGAS non se preocupa de substituílo polo que as mulleres soportan longas listas de espera para a colocación dun DIU. En consecuencia, mentres esperan aumentan para elas os riscos de embaraz, algo que contrasta coa publicidade da actual Consellería de Sanidade que de palabra, pero non de obra, garántelle ás mulleres que non van ter que recorrer ao aborto ou á pilula postcoital. Menten.
Capítulo aparte merece o ESTADO DE ABANDONO do CENTRO DE ESPECIALIDADES da Praza do Ferrol e do vello HOSPITA XERAL.
Despois do seu traslado ó novo hospital, o SERGAS prometeu que continuarían acudindo a el o mesmo número de pacientes que antes do traslado (uns 900), pero iso é falso: acuden os do COF (cando funciona), os que teñen que facer controis de SINTRÓN e e os que van a facer RX solicitadas poleo Médidos de Familia (OLLO CO ESPERPENTO: ESAS RX NON SON REVISADAS POLOS RADIÓLOGOS!!!!!). Cantos pacientes poden ser ao día? 60.., 80..., 100...? Nada que ver cos 900 prometidos, non si?
Isto supón a infrautilización dun centro e duns recursos sanitarios céntricos e eficaces durante moitos anos, cuxa utilización evitaríalle a moitos e moitas luguesas viaxes innecesarios ao hospital e, ademais, a masificacion das consultas do novo hospital, favorecendo tamén unha mellor xestion dos edificios.
Estas promesas foron feitas nun momento no que a cidadanía lucense manifestaba a súa preocupación polas negativas consecuencias que oa desaparición do Centro de Especialidades traguería para os negocios do centro de Lugo. Pero as promesas eran fume e hoxe é máis que evidente a perda económica que tal medida supuxo para o comercio do centro da cidade.
Os asistentes a asemblea ratificámonos na proposta de instalación na Praza do Ferrol dun CAR (Centro de Alta Resolución), no que o 90 % das consultas e probas se resolven no mesmo día. Tamén defendemos a instalación dun PAC de urxencias, moi necesario neste momento pola a lonxanía do HLA e a sobrecarga de PAC de Fingoy, o cal triplicou a sua demanda. A situación sería estratéxica, e ao mesmo tempo aproveitaríanse os servicios de Radioloxíaia e Analítica, facendo un PAC totalmente resolutivo e diminuindo deste xeito a presion das urxencias no Hospital Lucus Augusti. Consecuencia: daríase un mellor servizo ós cidadáns.
O edificio do Materno Infantil segue baleiro. Temos comprobado que é suficientemente grande e está en óptimo estado de conservación, polo que pode albergar o Laboratorio de Saúde Pública (xa presupostado) e un novo Centro de Saúde, que permitiría desconxestionar o Centro de Saúde da Milagrosa, que é totalmente insuficiente para todos os asegurados que lle corresponden.
O futuro do edificio do vello Hospital Xeral, en franco deterioro, segue a ser unha incognita e a Consellería de Sanidade non parece saber qué facer con el. Na Plataforma consideramos que, cunha rehabilitación básica, pode ser destinado á atención socio sanitaria: creacion dunha Residencia Xeriátrica, xa que a nosa provincia é moi deficitaria en prazas publicas para os nosos maiores.
A asemblea pensa que nestos tempos de crise, manter estos edificios sen darlles un uso adecuado, é unha burla aos cidadáns que estamos facendo fronte á mesma a través da reduccion dos nosos salarios. Por iso, esta asemblea decidiu por unanimidade enviar este manifesto a Consellería de Sanidade para que nun corto prazo de tempo, non máis de tres meses, se comprometa a deseñar as liñas estratéxicas para o uso e desfrute destes edificios baleiros e do antigo Centro de Especialidades.
Ao tempo, esiximos que se poñan xa en funcionamento os servizos pendentes no Hospital Lucus Augusti, que son causa de moitos transtornos para os pacientes (viaxes a centros doutras provinzas, coa incomodidae que xenera) e para os seus familiares. falamos dos servizos de Radioterapia, Medicina nuclear e Hemodinamica.
Por último, ESIXIMOS QUE SE REBAIXEN AS LISTAS DE ESPERA e DENUNCIAMOS A INFORMACIÓN ENGAÑOSA DADA POLO XERENTE DO HLA, xa que para o paciente a lista de espera comeza, realmente, cando o médico de cabeceira lle dá o volante para o especialista. Nese momento comeza a lista de espara para el.
Cando, despois de meses de espera, o paciente chega a consulta do especialista, sabe que a súa espera continúa: Novos meses en espera para facer as probas: E cando estas están feitas e, á fin, o especialista o inclúe na lista de espera cirúrxica, aínda ten que seguir agardando máis meses. Por iso, é miserable, engañoso e falso dicir que tardará 90 ou 100 días, porque xa leva máis de un ano convivindo coa enfermidade e agardando que a ineficaz Consellería de Sanidade lle resolva o seu problema médico.
Esiximos respostas reais e eficaces a todos estes problemas que acabamos de enumerar e comunicamos que faremos un rigoroso seguimento de todos estes temas, non consentindo máis enganos nin mentiras.
lunes, 19 de enero de 2009
LISTAS DE ESPERA
A la vista de la ficha referida a listas de espera Hospitalaria en Galicia, que nos ofreció el pasado Sábado la Voz de Galicia, al igual que otros medios, en donde todos hemos visto como el Hospital Xeral de Lugo es el que mantiene el peor ratio en lo referente a esperas para consulta de especialistas y para cirugía.Este es ya un viejo problema en Lugo y de alguna manera, la ciudadanía tiene que ponerle cota, máxime cuando estamos en etapa pre-electoral y nos van a prometer el oro y el moro.
Entendemos que la ciudadanía debe pedir y exigir a través de los Consejos de Salud, 1º) Que se hagan públicos cuales son los protocolos para la asignación de prioridades de las listas de espera en cada especialidad (no entenderíamos que estuviésemos trabajando sin ellos). 2º) que las lista de espera a partir de una fecha determinada, tengan por especialidad orden numérico, desde el 1 hasta el infinito "que dentro del sistema interno cada número correspondiera con un nombre y un apellido -que no sería público-". Solo así puede haber un control público y solo así podrá verse el trabajo realizado, los números que van siendo tachados en las listas y la forma de ajuste a la baja o crecimiento de estas.
El Sergas, como sistema de gestión público, tiene que empezar a ser claro y no nos servirán medias tintas; queremos más trabajo, más soluciones y menos privatizaciones, para eso optan a sus cargos y para eso se retribuyen bien, ya que en este menester tampoco nos consultan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)